Presentación do Servizo de Adultos de San Xerome Emiliani

16-03-10-12-42-21-244_deco

Soñar e unha cualidade inherente ó  ser humano independentemente das particularidades individuais, e que nos permite aprender, ilusionarnos, enriquecer a área experiencial e descubrir con plenitude as emocións. Co transcurso dos anos, temos a seguridade, de que máis ala da transferencia de coñecementos, técnicas ou modelos teóricos debemos centrarnos en facer oco ós soños de cada persoa. Todos os profesionais no noso servizo saben que traballar baixo a rixidez dos límites estruturais destrúe eses soños, por iso diariamente tentamos abrir a mente a posibilidades infinitas e multiplicar as oportunidades de satisfacción de cada usuario.

IMG_20160310_123127

No noso servizo  recibimos a persoas adultas (maiores de 18 anos) con diversidade funcional, que non atopan os apoios necesarios no seu entorno próximo para desenvolver o seu proxecto vital plenamente. Dende a multidisciplinariedade podemos ofrecer unha amplia gama de programas de actividades que nos permiten desenvolver todas as dimensións da calidade de vida, un referente teórico que actualmente fundamenta todas as iniciativas do nosos sector pola plena inclusión.

IMG_20160310_123020

Actualmente apostamos firmemente pola innovación e o traballo en rede, tendo en conta os recursos dispoñibles da comunidade, visibilizando e normalizando a diversidade como elemento a por en valor. O noso servizo se organiza en programas transformadores e en continuo cambio, e que son:

  • Programa de Viveirismo
  • Programa de Horticultura Ecolóxica (horta e aula medioambiental)
  • Programa de PRS (taller de reparación e plásticos e xestión comercial)
  • Programa de mantemento e manipulados
  • Programa de Artesanía (taller e tenda)
  • Programa de Actividades Artísticas (pintura e artes plásticas, fotografía, elaboración de material audiovisual,  etc.)
  • Programa de Formación (Radio, informática, comunicación, revista, taller de memoria, xestión de compra, SAAC, PDI, cociña, manexo telefonía móbil, etc) IMG_20160310_122613
  • Programa de Ocio e Implicación comunitaria (“Coñecendo Xerome” biblioteca, Ocio adaptado, tertulia, etc)
  • Programa de deporte (remo, sendeirismo, piscina, hípica, boccia, deporte adaptado, aerobic, relaxación, etc)
  • Programa de Benestar e Autocoidado (Estética e perruquería, ducha, bañeira terapéutica, coidados corporais, reflexoterapia, estimulación basal, etc.)
  • Programa de Actividades Musicais (Xerock, percusión, musicoterapia, canto e musica tradicional)
  • Programa de Terapia Ocupacional (aula multisensorial, TICs, asesoramento familiar para adaptacións, etc)
  • Programa de Fisioterapia
    16-03-10-12-47-15-015_deco
  • Programa de Logopedia 
  • Programa de Promoción dunha vida Independente (Orientación laboral, Vida adulta, HHSS, Creción dun blog, Implicación Doméstica, Curso preparatorio de Oposicións, etc)
  • Programa deXestión de Clientes: Recadar datos sociais, Elaboración de PIAs, Aplicación de escalas e da metodoloxía PCP, Xestión dos recursos e arquivos, Tramitación de Incidencias e informes, RRHH, xestión económica,  etc.

       IMG_20160310_122821

Fátima González, Dir. Servizo de Adultos

Comentarios
Compartir
Servizo de Adultos

Publicacións relacionadas