Prácticas formativas do Ciclo de Actividades Auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería

No presente curso 2015-2016 o grupo de formación en Actividades Auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, continúa a súa formación, complementando un terceira edición, neste caso de reforzo da teoría e da práctica.

Neste ano 2016 iniciáronse as prácticas nas instalacións do Viveiro Brotes, en Estas (Tomiño). Os alumnos asisten en parellas, acudindo en tres tandas acompañados en cada unha pola súa correspondente titora de aula. A temporalidade da parte práctica vai dende xaneiro ata o mes de maio.

Alí os alumnos desenvolven diferentes tarefas todas elas relacionadas cos contidos teóricos que estudan na Formación: limpeza de herbas, trasplantación, coidado e limpeza das instalacións, etc.

20160111_112119 20160112_112522 20160112_112542 20160112_112643 20160119_113321 20160119_121739 20160119_121751 20160125_121421 20160125_121638

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas