Podio para os atletas do San Xerome

A Agrupación Deportiva do Baixo Miño invitou  ó  Club San Xerome Emiliani para participar cos seus atletas de competición, feito que se agradece xa que é una aposta, un paso máis na  loita pola integración na sociedade das persoas con discapacidade.

Os atletas do Xerome competiron moi ben,  os homes   acadaron o segundo posto por equipos. As mulleres, como é habitual,  non se renderon e conseguiron o terceiro posto por equipos.

A Organización repartiu bocadillos, froita, auga, chocolate para os participantes que entraron en meta.

Estiveron presentes o Alcalde de O Rosal, Concelleiros de deportes e Servizos sociais ,  Presidente da comunidadede Montes de San Miguel que fixeron entrega dos agasallos.

A próxima competición oficial será o pedestrismo do Pavo en Vigo.

Lamentamos non poder publicar os resultados dos atletas participantes pero se queren mais información a teñen en www.agrudebam.es

 

Comentarios
Compartir
Xerhorta

Publicacións relacionadas