Perto de 100 atletas no I campo a través pola integración

Participarán atletas dos Clubes: Rácing Chapela, Juan XXIII e San Xerome (da FEGADDI- Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual), xunto con atletas dos Clubes-Centros: Suárez Marquier, Tui Thermalia, IES A Sangriña, Atletismo Porriño, ademáis de atletas que o farán de xeito individual.

A actividade estará organizada polo Club deportivo San Xerome, conmemorando o 32 aniversario do Centro, e conta coa colaboración da Deputación Provincial, Concello da Guarda, Cámping Santa Tecla, Coca Cola, Frutas Serafín e Aguasana. Mención especial os voluntari@s que dende fai varios días estan a colaborar para que este evento sexa un éxito.

Informamos tamén que neste mesmo circuito o sábado 16-F, terá lugar o Campionato galego de campo a través para persoas con discapacidade intelectual, organizado nesta ocasión pola FEGADDI, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello da Guarda, Cámping Santa Tecla e do Club deportivo San Xerome. As diferentes carreiras terán lugar de 10,30 a 14 h.

Animamos ó público en xeral acuda a animar os deportistas nestes dous eventos, nun espectacular Circuito que xa foi escenario dun Campionato de España de campo a través (FEDDI) no ano 1997.

Nas fotografías, un grupo de adestradores-voluntarios preparando o Circuito no Cámping Santa Tecla.

Medindo o circuito Colocando o percorrido colocando o percorrido1

Comentarios
Compartir
Xerhorta

Publicacións relacionadas