Pasamos o psicotécnico!!!!!

Grazas a PREDIF Galicia (organización sen ánimo de lucro, delegada en Galicia da Confederación PREDIF Nacional dende o ano 2000, conformada por tres importantes asociacións no territorio de Galicia: ASPAYM Galicia, AUXILIA Lugo e SODINAUTICA) ofrecéusenos ao Club Deportivo San Xerome a oportunidade de poder asistir de balde a un curso para a obtención da licenza de navegación que terá lugar o día 26 de novembro en Vigo.

Un dos requisitos previos era sacar o psicotécnico. Foi toda unha aventura!!!

Contamos coa inestimable colaboración de LUNIC STYLE e concretamente de Thara. Resolveu todas as nosas dúbidas, tranquilizounos,  explicounos todo ao detalle e atendeunos sempre cun sorriso. Grazas!

Joana preparounos toda a documentación que tiñamos que levar, démoslle moito traballo, pero o fixo encantada e nun periquete! Tamén Nuria da S.L. botounos unha man cuns asuntillo. Grazas!

Víctor Fuggeto e David Parada fixeron todo o posible para que tivésemos a furgo dispoñible e poderamos ir a Vigo. O psicotécnico está en Vigo! Grazas a vos tamén!

Tivemos que arranxar algunha que outra cousiña e por fin, coa compañía de Rober, ás 16.00 marchamos a Vigo. Grazas Rober!

Eu (Alba) fun a primeira en facer as probas. Ao saír María, que xa ten experiencia nestas cousas, entrou e mentres expliqueille ao resto como eran as probas e todo o que me preguntaran. Pan comido chicos!

img_20161117_194218

Un a un foron pasando: Nuria, Miguel, Maite, Vane e Pablo. A espera foi longa… Chegamos as 17.00 e saímos de alí as 20.45

img_20161117_173941  img_20161117_174340      img_20161117_174006

Pero pagou a pena!!!! Todos pasamos o psicotécnico!!!!!

Venme a cabeza a frase de Mark Twain que di “Dentro de vinte anos lamentarás mais as cousas que non teñas feito que as que teñas feito. Así que solta amarras e abandona porto seguro. Atrapa os ventos nas túas velas. Explora. Soña. Descubre”.

O día 26 abandonamos porto seguro!!!! Prometemos novas aventuras!!!!

 

img_20161117_204406

Comentarios
Compartir
Club Deportivo

Publicacións relacionadas