Participación no trofeo Michel Salgado

Amparo (porteira) e Borja (goleador), gañaron trofeos pola sua destacada actuación.

Foi un dia intenso xa que ademais da disputa do Torneo, houbo xogos, sorteos, aeróbic, e un partido de exhibición do Celta Indoor (ex xogadores do Celta).

Agradecemos a Fundación Michel Salgado e a Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual (Fegaddi) a invitación, e os agasallos (sudadeiras e balóns para o Club) .

Na fotografía aparecen os veteráns do Celta Indoor.

Veteráns Celta Indoor

A seguinte cita para os deportistas do Club será na 50 edición da Carreira do Pavo en Vigo, na que participarán os nosos atletas: Borja, Fran, Maite, Amparo, Luis Antonio e Javi. Será o domingo 18 de decembro polas ruas de Vigo.

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas