Padel. Nova disciplina deportiva.
O pasado venres día 6 iniciamos unha nova disciplina dentro do Club Deportivo, a práctica do Pádel.
 

 

Coa colaboración de “2×2 Pádel”, que nos cedeu as instalacións, os rapaces fixeron unha proba para que a partir da súa experiencia e opinións, valoremos a posibilidade de incorporar esta nova disciplina na práctica regular do Club.

 
O Pádel é unha disciplina con moitas semellanzas ao tenis, requiere de coordinación visual e motriz, ademais dunha boa condición física. Por outra banda, como práctica resulta moi divertida e entretida.
 
As demandas técnicas e de coordinación son bastante elevadas, sen embargo, os nosos deportistas amosaron un moi bo nivel técnico e psicomotriz, sendo ésta a primeira toma de contacto con este deporte. Isto indica que a práctica deportiva en xeral, e neste caso a do baloncesto e de atletismo que realizan todas as semanas os nosos deportistas, axuda a desenvolver unha boa coordinación que se xeraliza a outras disciplinas deportivas e na coordinación psicomotriz xeral. 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas