Obradoiros de Artesanía. Adrián nas prácticas de artesanía
Unha vez a semana Adrián e os seus compañeiros de aula, acoden aos “Talleres” da sección do Centro de Día para realizar unha actividade de artesanía.

  Algunhas das tarefas que fan no Obradoiro de Artesanía son, a de ensartar contas para facer colares, lixado de madeira, corte pel para facer abaloiros coa troqueladora, pintar, facer alfombras con trapillo, facer libretiñas de papel,….


Algúns dos obxectivos que se traballan cos rapaces son:

– Manipular e usar distintos materiais.
– Utilizar a ferramenta axeitadas para cada actividade.
– Localizar e colocar as ferramentas no taller segundo a súa función.
– Aplicar axeitadamente as distintas técnicas de traballo.
– Aplicar as instrucións para levar a cabo unha tarefa.
– Medir magnitudes básicas.
– Cumprir responsabilidades.
– Distinguir e cumprir os tempos de traballo e de descanso.
– Adaptar ás diferentes situacións de traballo permanecendo no lugar indicando o tempo que se estableza.
– Realizar traballos en grupo.
– Respectar o traballo propio e polo alleo.

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas