O luns 23-D, a venda o novo CD de XeRock

O  luns 23 de decembro  sairá  a venda o  segundo traballo discográfico do grupo XeRock.  Leva por título. “… vou seguir  insistindo estar”, con dous temas propios (“San Xerome” e “Revelde é unha cor”), e  4 versión adaptadas libremente  e sen ánimo de lucro (“Cu de pandeireta”, “Autorízame”,  “Volvería” e “Non fun”).

A partir do luns 23 , poderá mercarse na Tenda Atalaia (Rúa Galicia, 23 – A Guarda) de 10 a 13,30 h.  Prezo : 5 €

Pode solicitarse tamén no seguinte enderezo:  xerockme@gmail.com  (5 € + gastos de envío).

“A pesar de que tivemos que aprazar o concerto-presentación de XeRock previsto para o dia 21 de decembro, decidimos poñer á venda o disco igualmente. Pensamos que sería unha mágoa non aproveitar o tirón destas católicas e consumistas datas tan sinaladas! Despois de todo o nadal é celebrado ata polos ateos… Asi que animamos á xente a regalar música! (XeRock)

 

portada2  Contraportada def2.

foto promocionalportada9

 

XEROCK “…vou seguir insistindo estar” (2013)

XeRock é una banda de rock formada por usuarios e traballadores do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Intelectual San Xerome de A Guarda. A banda existe dentro do Proxecto “XEROCK – MÚSICA E DISCAPACIDADE”, coordinado dende o mesmo Centro e en activo dende o ano 2003.

No ano 2003 créase no Centro un aula de música con fines terapéuticos debido ás aptitudes para a música que demostraban varios dos seus usuarios. Co éxito da iniciativa xurde a idea de crear unha banda de Rock, dar así a oportunidade ós usuarios de mostrar ao mundo enteiro o seu talento e utiliza-la vertente máis combativa, reivindicativa e inconformista do rock and roll para denunciar carencias na vida das persoas con discapacidade:

Música + denuncia = repercusión social

O primeiro concerto de Xerock é no auditorio Caixa Nova de Vigo, en decembro de 2003. Dende entonces, os concertos sucédense con regularidade meténdose pouco a pouco no circuíto musical independente da zona, ata que no ano 2005 entran no estudio e gravan o seu primeiro traballo: IntregrAcción.

Despois de máis de 1000 copias vendidas do seu primeiro traballo, xirar pola xeografía galega, española e parte do norte de Portugal, un concerto memorable en Toledo na III Xornadas de Voluntariado de D.C.A., Xerock actúa para os concertos de la RTVG e abre para varias bandas nacionais (entre elas The Ellas, a banda de Luis Tosar), consolidando así a súa posta en escena e labrando un éxito mediático considerable.

En 2008 embárcase na gravación do documental “Cantos Rodados” (Ficción Producións, 2008) dirixido por Xoel López.

XeRock está formado por:

*Generoso Alonso: batería

*Vanesa Dacuña: baixo

*Puri Sobrino: pandeireta

*Víctor Fuggetto: guitarra

*Ciano Valcárcel: guitarra e voz

O Proxecto XEROCK – MÚSICA E DISCAPACIDADE celebra este ano 2013 dez anos de actividade, e presenta o seu novo traballo totalmente autoproducido “…vou seguir insistindo estar”, gravado por Miguel de la Peña en Baixo Miño Estudios. O repertorio está formado por catro versións (*) e dous temas propios, e son os temas dos directos de XeRock dos últimos 6 anos.

XeRock “…vou seguir insistindo estar”

01. San Xerome

02. Cu de Pandeireta*

03. Autorízame*

04. Volvería*

05. Non Fun*

06. Revelde é unha cor

Puntos de venta:

Tenda Atalaia (Centro San Xerome)

Rúa Galiza, 23 – 36780 A Guarda

Pontevedra

Mais info:  www.xerockme.blogspot.com

Contacto e venda por correo: xerockme@gmail.com | Tlf. 676966223

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas