O CENTRO S.XEROME , INAUGURA UNHA SALA DE ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL SNOETZLEN CO APOIO DA FUNDACIÓN “SOLIDARIDAD CARREFOUR”

Este recurso permitirá mellorar o desenrolo e calidade de vida de nenos e xoves con discapacidade intelectual da Comarca do Baixo Miño.

FU_Nuevo_logo_Fundacionasociacion

A Fundación “Solidaridad Carrefour” e a Asociación S. Xerome Emiliani inauguraron este venres 20 de xuño unha Sala de Estimulación Multisensorial que permitirá mellorar o desenrolo e a calidade de vida dos nenos e xoves con discapacidad intelectual.

O Acto, que tivo lugar no Centro S. Xerome Emiliani, contou coa presenza da Presidenta da Asociación S.Xerome Emiliani, Asunción Dacuña Pacheco; o Responsable rexional de explotación Noroeste de Hipermercados Carrefour, Gabriel García e o Responsable rexional de explotación Galicia de Carrefour Market, José Alvarez Penín.

O novo Servizo, está deseñado para potenciar o desenrolo físico, sensorial , cognitivo e psicosocial dos usuarios do Centro S. Xerome. A Fundación “Solidaridad Carrefour”, financiou este Proxecto con 30.000 €.

As salas de estimulación multisensorial Snoezelen comenzaron a utilizarse como recurso terapéutico en Holanda nos años 70, a partir da creación dun cuarto de estimulación sensorial adicado a persoas con discapacidad intelectual.
A utilización da Sala Snoezelen basase en cuatro aspectos básicos no desenrolo das persoas:
– Atención individualizada
– Estimulación sensorial
– Terapia a través de actividades lúdicas
– Relaxación
A nova Sala do Centro S. Xerome, está equipada con diferentes recursos para potenciar os estímulos visuais, táctiles, olfativos e auditivos. Dispón ademáis de outros obxetos especiais, como unha cama de auga musical, unha hamaca de teito, un pasillo de sensacións plantares, paneles de espellos e tubos de burbullas, etc.

Este espazo permitirá que os usuarios expostos a estímulos controlados poidan adquirir aprendizaxes a través do descubrimento e o desenrolo das suas potencialidades.
Entre os seus obxectivos, a Sala de estimulación, pretende favorecer os usuarios a obtención de novas habilidades, a relación co entorno ou o coñecemento do seu propio corpo, ademáis de fomentar a comunicación non verbal e a conducta social.

A Asociación S. Xerome de A Guarda (Pontevedra), conta na actualidade con 1.300 socios e atende a 111 usuarios con discapacidade intelectual pertencentes a Comarca do Baixo Miño. A entidade presta seus servizos en Unidades educativas, Centro de dia e ocupacional e u Centro especial de emprego, ademáis de realizar actividades complementarias de ocio e deporte a través das suas áreas especializadas.

A Fundación Solidaridad Carrefour coordina tódolos programas que desenrola Carrefour en materia de acción social en España. Apoia especialmente proxectos en beneficio da infancia con discapacidade ou en risco de exclusión social. Axuda as persoas en situación de vulnerabilidade e intervén en operacións de emerxencia en España. Igualmente, promove a integración laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión, e fomenta a participación dos empregados do Grupo nas diferentes iniciativas sociais.

 

IMG-20140323-WA0005IMG-20140323-WA0002

IMG_20140620_135454 IMG_20140620_135404

 

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas