NOVAS DATAS PARA AS COMPETICIÓNS DE CAMPO A TRAVÉS

Debido a climatoloxía adversa nestas últimas semanas,  e o impacto que tivo sobre o estado do Circuito,  tivemos que aprazar sucesivamente  as duas Competicións  de Campo a través previstas para o 9 e 15 de Febreiro no Cámping Santa Tecla de Salcidos (A Guarda).

Agardamos unha melloría no tempo na próxima semana, coa conseguinte melloría no estado do Circuito.

Pendentes polo tanto da climatoloxía,   trasladamos o Campionato galego de campo a través para persoas con discapacidade (FEGADDI) ,  e o Campionato provincial de campo a través do programa XOGADE  para o sábado 22 de Febreiro a partir das 10 da mañán.  Será a primeira ocasión na que se celebre de xeito conxunto un Campionato galego e provincial  con deportistas con e sen discapacidade no mesmo Circuito.

O II campo a  través pola integración, para o que xa se superaron as 200 inscripcións, posponse  para o domingo 9 de marzo, a partir das 10 h.  O Regulamento  e o Circuito é o  xa previsto para o pasado 9 de febreiro  (pódese revisar na web:  www.sanxerome.com ).  As inscripción (enviando os datos a: correo@sanxerome.com) permanecerán  abertas ata o martes 4 de marzo

As  competicións estarán  organizadas pola FEGADDI,  o Club deportivo S. Xerome, e a S.A. do Trega,  e contan coa colaboración  da Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia,  da Deputación provincial de Pontevedra, dos Concellos da Guarda e do Rosal,  do Cámping Santa Tecla,  de Eurobanan e Agua Sana.

SKMBT_C220140206185101integracion2014 01 provincial20140215

 

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas