Mes de Xuño: Vento en popa, a toda vela!!

Nestes momentos os seleccionados do noso Club deportivo, compiten no Campionato de España de seleccións autonómicas, e onte mesmo tivemos a oportunidade de experimentar novas sensacións gracias a colaboración do Monte Real Club de Yates de Baiona. Por primeira vez, Jona, Kike, Miguel … tiveron a oportunidade de navegar nun barco de vela, xunto cos reponsables do Club de iates e os compañeiros do Centro Juan María de Nigrán. Experiencia inesquecible, e que agardamos poder repetir.

O que queda por diante non é menos emocionante: Viaxe a Francia para valorar a marcha do Proxecto Comenius Regio, Cea Baile no Restaurante Glasgow organizada opla ANPA , novos campamentos do Servizo de adultos en Vila do Conde, reunión definitiva na elaboración do Plan estratéxico, etc, etc …

Nas fotografías: a selección galega de baloncesto (5 xogadoras do San Xerome!), en San Fernando (Cádiz) antes de debutar no Campionato de España de seleccións autonómicas; nas outras duas fotografías os nosos regatistas en Baiona con barco do Club Monte Real e noutra delas aparecen Carmelo e David  (Selección Fútbol sala), durante o campionato.

Comentarios
Compartir
Xerhorta

Publicacións relacionadas