Xaneiro

1-6 : Mercado Solidario en Tui
13: Supermercados Eroski, renova un ano máis o contrato de Luis Antonio e Ana Belén.
15: Xerock, participa no Estás Rock 2010.
20: Presencia no enterro de Basilio Moreira Carrero, membro da Xunta Directiva da Asociación.
20: Inicio das prácticas en ACIGU.
22: Educativas en Caixa Nova (Actividades para escolares: música popular galega).
23: Asistimos o estreo de “Son nú” espectáculo da Fundación Igualarte.
24: Presencia na Meia Maratona Manuela Machado de Viana do Castelo.
25, 27: Expo “Historia de Galicia” no Centro Cultural de A Guarda.
27: Educativas en Caixa Nova.
27: Xornada deportiva organizada pola Fegaddi nas Travesas en Vigo.

  • Víctor Fuggetto e Paula Carro inician a rodaxe do corto de zombies “Pin pan fuera!” con Celeste, Jon, Pedro, Alvaro …
  • Continúa o Programa de ocio “Móvete, reláxate e …respir@” polas tardes, coordinado por Roberto Martínez. Este mes: deporte, paseo, cafetería, cine (pares e nones), andaina, visita ó Centro comercial, visita a un concesionario de coches, mini golf en Vilanova.
  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.
  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.
  • Partidos de fútbol sala con deportistas do IES, para preparar o Campionato de España de fútbol sala.
  • As Unidades educativas continúan o Curso de informática no Centro Cultural de A Guarda

AGRADECEMENTO A BASILIO MOREIRA CARRERO

Lonxe de ideoloxías políticas, relixiosas ou cuestións empresariais, o que sempre permañecerá será o aspecto humano das persoas, identificado por feitos concretos: a preocupación diaria polos demais, a solidariedade anónima, o apoio os máis desfavorecidos, … Graciñas Basilio, polo teu tempo, polos teus consellos, pola túa paciencia, amizade e coherencia.

Dirección e Xunta Directiva do Centro San Xerome Emiliani, (A Guarda – Pontevedra) 20-01-2010

Febreiro

2: Educativas en Caixa Nova.
4: CEDI nos Salesianos “La Cenicienta”.
4: Actividade das Unidades educativas na Confitería Rogelio.
5: Actuación de Xerock no Concerto solidario con Haití.
5-7: Campionato de España de campo a través (FEDDI), Málaga.
8: As Unidades educativas celebran o dia de San Xerome, no Restaurante Marbella.
12: Desfile do Entroido polas ruas de A Guarda cos coles de A Guarda e a participación do CAPD de Chapela.
19: Festa do deporte guardés. Carmelo Cadilla, premiado pola sua medalla no Campionato de España de atletismo o ano pasado.
19: Cea despedida do psicólogo Daniel Lomba.
19: Pre laboral visitan a exposición “Pintarte” de Bata en Vilagarcía.
20: Ponencia de usuarios do noso Centro, no Encontro galego de mobilidade. Santiago.
25: Visita xunto con Centros da Fundación G Prodis da empresa de madeira Galopín de Cerceda.

  • Nova actividade deportiva: Tenis no Pavillón de Solanas os xoves (Adestrador: Heriberto).
  • Xornadas de formación para a implantación do Programa GP Integra.
  • Partidos de fútbol sala con deportistas do IES, para preparar o Campionato de España de fútbol sala.
  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.
  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.
  • Continúa o Programa de ocio “Móvete, reláxate e …respir@” polas tardes, coordinado por Roberto Martínez. Este mes: deporte, paseo, cafetería, cine (pares e nones), visita ó aeródromo do Cerval, mini golf en Vilanova.
  • Un grupo de rapaces e unha monitora de pre laboral elaboran un periódico de información interna, chámase “Periódico loco”.
  • Curso de informática no Centro Cultural e Taller de fotografía das Unidades educativas.

Marzo

2: Campionato galego de campo a través (FEGADDI), Vigo. Categorías de competición, adaptada e xogo. Borja Cadilla Lomba, 3º clasificado (Comp. Masc.)
3: Ruta dos Muiños do Folón das Unidades educativas.
4: Simulacro de evacuación no Centro.
5: Presentación da 1ª Carreira de 10.000 mts. e Andaina cultural solidaria, organizada polo Club Atletismo Tui.
5-6: Participación no Curso “Intervención en personas con síndrome de down” (CIG).
6,7: IV Mostra da Camelia.
8: Participación en Baiona na Asamblea do Grupo de acción costeira (GAC).
9: Educativas en Caixa Nova.
12: Xuízo en Vigo, pola denuncia dun traballador e a CIG.
13: 1ª Carreira de 10.000 mts. e Andaina cultural solidaria, organizada polo Club Atletismo Tui, a beneficio do noso Centro. (Recadación: 200 €).
15: Despedida de Roque Manuel (vai para o Centro Castro Navás), no Marbella.
16: Educativas en Caixa Nova.
17: Primeira xornada da Liga galega de baloncesto feminino.
17; Grabación dunha reportaxe para o programa da V Televisión “Sobre rodas”.
18- : Respiro familiar con Fademga dun grupo de usuarios do Centro.
20-27: Viaxe a Andorra de 2 usuarios do Centro (Bruno e David), con rapaces/as do IES A Sangriña.
22: Xerock, premio “integrACTÚA!” (A loita contra da exclusión a golpes de rock and roll). Actuación na Academia das artes e ciencias cinematográficas en Madrid.
23: Contacto coa Escola superior de Viana do Castelo para a realización conxunta dunha actividade de educación sexual.
27: Asamblea anual de socios.
27: Membros de Xeratrium asisten como espectadores a unha xornada de teatro en Porriño

  • Continúa o Programa de ocio “Móvete, reláxate e …respir@” polas tardes, coordinado por Roberto Martínez. Este mes: deporte, paseo, cafetería, cine (pares e nones), mini golf en Vilanova, visita a Decathlon.
  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.
  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis, Mercado Solidario ANPA e Xunta Directiva da Asociación.
  • Xoel Méndez inicia a grabación do documental “O Sexo sentido”
  • Partidos de fútbol sala con deportistas do IES, para preparar o Campionato de España de fútbol sala

Abril

5-13: Mercado Solidario en Tui.
7: Primeira xornada de Fútbol sala (Cat. Competición masculina).
8: Explicamos no CP A Mata o funcionamento da nosa carpintería.
9: Festival solidario da ANPA na Area panorámica de Tui: Xerock e a Fundación Igualarte.
12: As Unidades educativas visitan o Monte Tetón en Tebra (Tomiño).
14-18: Campionato de España de fútbol sala . Categoría competición.
14-21: Viaxe a Maiorca de Samuel para participar nas actividades de intercambio do IES A Sangriña, IES Sá Pobla e San Xerome.
17: Participación dun grupo de alumnos e profes nun Curso da Mostra de cultivos de Tomiño.
20: Leopoldo, xerente da Fundación G Prodis, presenta xunto co xerente do noso Centro o proxecto para o mantemento dos xardíns do Concello de A Guarda.
21: Campionato galego de natación. A Cañiza.
21: Un grupo de alumnos do Colexio PP Somascos realizan unha xornada de integración coas Unidades educativas do noso Centro.
21-27: actividades intercambio IES A Sangriña, IES Sa Pobla e San Xerome na Guarda. (26: visitan o San Xerome).
22: Entrevista no AGADIC, para xestionar o proxecto de teatro conxunto Xerpo-Xeratrium.
24: Xeratrium actúa no Auditorio do Rosal.
26- 2 maio: Mercado Solidario na Feira de artesanía de Tui.
29: CEDI nos Salesianos (“Como se hace una canción”).
30: Cea homenaxe os voluntarios da Festa da Camelia.
30: Educativas en Caixa Nova.
30: Reunión do Agader

  • Continúa o Programa de ocio “Móvete, reláxate e …respir@” polas tardes, coordinado por Roberto Martínez. Este mes: deporte, paseo, cafetería, cine (pares e nones), mini golf en Vilanova, visita ó aeródromo do Cerval, de compras por Viana do Castelo.
  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.
  • Implantación no Centro do Programa de xestión GP Integra Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais e comité executivo da Fundación G Prodis.
  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis, Mercado Solidario ANPA e Xunta Directiva da Asociación.
  • Participación no Curso de Danza do vientre, organizado pola OMIX de A Guarda

Maio

26 abril – 2 maio: Mercado Solidario na Feira de artesanía de Tui.
3-9: Mercado Solidario na Festa do kiwi en Tomiño.
5: Alumnos do CP A Mata realizan una xornada de integración co Taller de carpintería.
5: Alumnos do Colexio PP Somascos realizan unha xornada de integración coas Unidades educativas.
5: Segunda xornada da Liga galega de baloncesto feminino (Cat. Competición).
8: VII Andaina Tudense organizada polo Club Atletismo Tui.
12: As U. educativas realiza unha actividade pedagóxica na Confitería Rogelio.
12: Alumnos do CP A Mata realizan unha xornada de integración no Viveiro das Mercedes.
12: CEDI visita o zoo da Madroa.
13: CEDI pasa o dia en Patos (Nigran), invitados pola Residencia da Xunta.
14: Participación das U. educativas e de CEDI no Festival das Letras xunto cos Coles de A Guarda, no Auditorio de San Benito.
19: As U. educativas participan na actividade “Tren Caixanova”.
19: CEDI nos Salesianos (“El zapatero y el duende”).
19: Campionato galego de atletismo. Vilagarcía. 19 de maio de 2010.
Categoría de competición, adaptada e xogo. Amparo Ferreira Alvarez, 1ª clasificada 3.000 mts; Borja Cadilla Lomba, 2º clasificado 800 mts.; Fabio Martínez Otero, 2º clasificado lanzamento de peso; María Fernanda García Orduna, 2ª clasificada lanzamento de peso; Mingos Albadalejo Rendo, 3º clasificado lanzamento de peso; Javier Portela Vieira, 3º clasificado 1500 mts.; Maite Santos Fernández, 3ª clasificada 800 mts. Todos/as na máxima categoría de competición.
20: CEDI nas Termas A Chavasqueira de Ourense.
21: Nova xornada de integración do sector pre laboral co CP A Mata.
24: Comida das educativas no Club de tenis Codesal.
25: Un grupo de pre laboral visitan as instalacións dos Bombeiros voluntarios de Vila Nova de Cerveira.
26: Alumnos do CP A Sangriña no viveiro das Mercedes.
26-27: As U. educativas realizan unha viaxe a Santiago co apoio da furgoneta do Concello do Rosal, visitando Combarro, Portonovo, Padrón (Museo de Rosalía), Mosteiro de Herbón e os viveiros da Asociación AMIPA.
27: CEDI visita o Zoo da Madroa.
27-30: Campionato de España de atletismo. Pontevedra. 27-30 maio 2010.
Categoría de competición masculina e feminina, e adaptada masculina. María Fernanda García Orduna, 1ª clasificada en lanzamento de disco (Comp. Fem.); Mingos Albadalejo Rendo, 2º clasificado en lanzamento de disco (Comp. Fem.)
31: Visitan o noso Cole un grupo de estudantes franceses e do IES A Sangriña, participantes nos intercambios con alumnos do noso Centro.
31- 4 xuño: Actividades intercambio en A Guarda, IES A Sagriña/Escola francesa/San Xerome.

  • Ultimo mes do Programa de ocio “Móvete, reláxate e …respir@” polas tardes, coordinado por Roberto Martínez. Este mes: deporte, paseo, cafetería, cine (pares e nones), mini golf en Vilanova, actividade no Picadeiro O Rancho, Karts en Viana, Salón do automóbil en Cotogreande (Vigo)…
  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.
  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.
  • Xornadas de convivencia con Centros educativos ordinarios.
  • Participación de Puri no Curso de “Danza del vientre”

Xuño

1: Piragúismo no Tamuxe con alumnos e profes do IES A Sangriña.
3: Exhibición do Grupo de baile de pre laboral no Centro Cultural de A Guarda.
3-4: Curso de ferramentas de intervención no entorno escolar (G Prodis), impartido por Beatriz Matesanz.
7-25: Actividade “Cámping 2010”.
9: Educativas no Talaso atlántico de Baiona.
9: Proxección do documental “O Sexo sentido” (Xoel Méndez – Débora Baz) na Fundación Igualarte en Vigo.
9–13: Campionato de España por autonomías para persoas con discapacidade intelectual (FEDDI), San Fernando, Cádiz.
Categoría competición.
– Baloncesto feminino (5 deportistas do noso Club).
– Fútbol sala masculino (2 deportistas do noso Club).
– Atletismo masculino (1 deportista do noso Club).
12: Anabam, na celebración do seu 25 aniversario, premia un traballo realizado polas Unidades educativas.
12: Fin de Festa da VII Andaina tudense, aplazada pola choiva.
16: Sesión clínica co persoal sanitaria de A Guarda e O Rosal, sobre o Proxecto Prevén (revisión xinecolóxica de mozas con discapacidade).
17: : Proxección do documental “O Sexo sentido” (Xoel Méndez – Débora Baz) no Centro Valle Miñor de Nigrán.
18: Actividade no Picadeiro O Rancho.
18: A Escola de Moncho Leal realiza a convivencia anual no Cámping Santa Tecla.
19-20: Xeratrium no Auditrorio de Goián (dia 19: “O segredo de Rebeca”, dia 20: “Moito ruido e poucas noces”).
21: As unidades educativas realizan un tramo do Camiño portugués pola Costa.
22: Proxección do documental “O Sexo sentido” (Xoel Méndez – Débora Baz) no Centro Apamp de Vigo.
23: CEDI visita o CAPD de Chapela.
24-27: Campamento do sector pre laboral en Vila do Conde (Portugal).
27: Comida da ANPA no Cámping Santa Tecla, agradecemento a Juan José Pino e actuacións do grupo de baile de pre laboral e de Kiko Carballo (Radio Tui). Número de participantes: 116.
29: Visita a Cercipóvoa (Lisboa), para xestionar o Proxecto europeo “Democracia participativa”.
30: Proxección do documental “O Sexo sentido” (Xoel Méndez – Débora Baz) en Fademga (Santiago).

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.
  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.
  • Xornadas de convivencia con Centros educativos ordinarios.

Xullo

2: Cea fin da tempada deportiva, 30 deportistas no Restaurante Aquilino.
8: Visita de Mini, antigua alumna do Centro e agora ingresada no CAPD de Ferrol.
8-20: Curso afectividade – sexualidade Galiza/Portugal (Débora Baz).
9-10: Curso de alteracións na deglución, organizado pola Fundación G Prodis (Ponente: Luz Martínez Serrano, Logopeda Hospital de Guadarrama – Madrid).
13: Bruno aproba o carnet de conducir.
23: Participación nas actividades do Dia da mocidade, organizadas pola OMIX de A Guarda.
24-25: Mercado Solidario no Porto de A Guarda, na Festa das tradicións mariñeiras.
26: Visitanos Alfonso Martínez, antigo usuarios dos Talleres e agora residente nas Illas Canarias.
28: Responsables da DXT (Xefa provincial…) entregan un agasallo os compoñentes do grupo de teatro Xeratrium pola sua participación no Concurso de educación vial.
29: Festival de verán(CEDI – Prelaboral).
29: Comida de Pre laboral no Restaurante Pizzicata.
30: Comida do CEDI no Restaurante Marbella.
31: Asamblea conxunta de familias e profesionais do Centro, convocada pola ANPA.

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.
  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.
  • A Xunta decide rexeitar a axuda anual de mantemento a Fundación G Prodis.
  • Iniciase a actividade “Voluntarios no camiño”, en coordinación co Concello da Guarda.
  • A empresa de xardinería San Jerónimo Emiliani SL, gaña o concurso público para o mantemento dos xardíns do Concello. Contratación de novos traballadores con discapacidade.
  • Concesión dunha axuda de La Caixa para a vivenda tutelada. “Próxima estación… vivimos sós”

Agosto

2: Inicio do mantemento dos xardíns de A Guarda, de momento con 4 traballadores.
5. Paseo en barco polo rio cun grupo de traballadores da SL.
9-13: Mercado Solidario nas Festas do Monte de A Guarda.
13: Borja e Javi participan na Carreira pedestre Festas do Monte.
23: Visitanos Luis Lomba, antigo usuario do Centro residente agora na Coruña.
26: Amalio organiza unha comida de Samuel con Lolo, o seu amigo maiorquín.

  • Gene e María Esther, todo o mes de Agosto de “respiro” con Fademga.

Setembro

4-5: Mercado Solidario en Gondomar e venda de productos na Festa da Poesía de Salvaterra.
6: Visitanos Rosmeri Trigo, antiga usuaria do Centro e agora residente en Vigo (asiste ó Centro San Francisco).
11: Paseo en bici e tren : A Guarda – Viana, co Club de Ocio.
14: Vendima en Terras Gauda (Goián) das Unidades educativas.
15: Educativas na Pedra Furada.
15: CEDI visita unha escola de equitación en Monçao.
20,21,22: Curso TALLER DE FORMACIÓN EN PECS BÁSICO de 20 horas presenciais, impartido por Sonia Vilaltella Verdes de Pyramid Educational Consultants – España (Organizado por G Prodis).
24: Asamblea do Agader en Mos.
24-27: Mercado Solidario nas Festas do Cristo en Porriño.
29: Algúns traballadores secundan a Folga Xeral.

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.
  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, Padroado da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.
  • Empeza a funcionar o Piso tutelado (Subida ó Torroso).
  • Prácticas en empresas de usuarios do Sector prelaboral (ATSA, Talleres Rubio, Codema, Brotes, Prelo …)

Outubro

2: Inicio tempada deportiva coa incorporación de novos integrantes das unidades educativas.
9: Asamblea de inicio do Curso da ANPA, Elena Otero ratificada como Presidenta.
15: Visita a empresa Galopín en Cerceda.
16: Actividade no Picadeiro O Rancho (Mougás).
20: Liga galega de fútbol sala (2ª xornada).
21: Feira galega do voluntariado en Area Central (Santiago), con alumnos do IES.
27: Participación no seminario “Empresas de inserción laboral”.
28: As unidades educativas visitan o Faro de Vigo.
29: Festa do Samaín no Cole.

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.
  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, Padroado da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.
  • 2 novas traballadoras a través do Plan de cooperación.
  • Xerock (música) e Xeratrium (teatro) retoman a sua actividade.
  • Revisión podolóxica dos usuarios/as por parte da Clínica Pesán

Novembro

6: Un grupo de profes e usuarios celebran o cumpleanos de Maite Santos e Vanesa.
8: Rafting en Arbo con alumnos do IES A Sangriña.
8: Lucía e Cándido Oliveira da empresa Caparosa ( Nine – Braga), donan calcetíns para o séctor pre laboral, para financiar actividades de ocio.
9: Actividade do CEDI na Panadería Morales de A Guarda.
10: O equipo de baloncesto feminino da categoría de competición acada o segundo posto na Liga galega, unha vez disputada a terceira e derradeira xornada. Un grupo de rapaces do Centro animaron ó equipo nas Pistas de Balaídos.
11: Magosto conxunto no Cole. Castañas con percusión, música folck, aeróbic, karaoke.
12: Visita dun grupo de pre laboral o Hospital para acompañar a Rosa Maríoa, recén operada.
13: Presencia do Club deportivo na inauguración das novas Pistas de atletismo no campo de A Mata (O Rosal). Borja participa na carreira inaugural.
15: As unidades educativas visitan as Adegas Lagar de Fornelos do Rosal.
15: CEDI visita a fábrica de conservas A Rosaleira, no Rosal.
16: CEDI visita o Museo do Mar en Vigo.
17: As unidades educativas continúan coa actividade nas Adegas Lagar de Fornelos do Rosal.
18: As unidades educativas participan en Vigo nas actividades escolares de Caixanova.
19: Presencia no IV Seminario sobre discapacidade e saúde mental, organizado por Fademga en Santiago.
19: Proxección do vídeo “O Sexo sentido” na Asociación Amipa de Padrón, co coloquio posterior cun grupo de mozos e mozas do noso Centro.
20: Magosto no Cole, organizado pola ANPA (60 persoas).
20: Participación de Borja Cadilla na III Carrreira popular Oscar Pereiro en Mos (Posto 462, de 904 participantes).
22: Reunión coas familias para explicar o novo Proxecto – CEDI.
23: CEDI, participa nunha actividade pedagóxica nun dos Muiños do Folón (O Rosal).
24: O equipo de fútbol sala do San Xerome, consegue o segundo posto na Liga galega de fútbol sala da Fegaddi. O Racing de Chapela son os novos campións galegos, e San Rafael terceiros.
24: As unidades educativas participan nas actividades escolares de Caixanova.
25: A Fundación Igualarte realiza unha convivencia lúdico – deportiva no noso Centro (fútbol, comida, visita os viveiros, discoteca …).
25: Elección dos diferentes representantes dos estamentos implicados no Consello escolar das Unidades educativas.
26: As educativas nas actividades escolares de Caixanova.
27-28: Curso de iniciación a Ecoagricultura (Enrique Banet – Galiza verde), Forcarei.
29: As educativas na Granxa escola “O Kiriko” (Act. Caixa nova).
30: Constitución oficial do Consello escolar do Centro educativo.
30: O CEDI, visita os viveiros do Toxal

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.
  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, Padroado da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.
  • Alumnos/as das unidades educativas inician as prácticas na empresa ordinaria.
  • Participación das Unidades educativas no Curso “Materiais e recursos didácticos innovadores” (Santiago).
  • O equipo de baloncesto feminino estrea vestiario, grazas a unha subvención do Concello da Guarda.
  • Un taller conxunto de CEDI e pre laboral, fanse cargo do reparto da cartelería do Concello de A Guarda.
  • CEDI e Pre laboral inician unha actividade conxunta na Biblioteca da Guarda, e a decoración do comedor (“Proxecto comedor”).
  • O Injuve subvenciona con 30.000 € a actividade “Democracia participativa”, a celebrar ó longo do ano 2011 en coordinación San Xerome – Avelaiña – Cercipóvoa (Lisboa).

Decembro

1,2,3: Curso de sistemas alternativos de comunicación, organizado por Fademga en Santiago (Lúa e Noemí).
2: Acto institucional da Fundación tutelar Sálvora no Centro Social Caixanova (Vigo).
10: As unidades educativas nas actividades para escolares de Caixanova (Vigo).
10: Visita dos Paxes reais do Corte Inglés.
11: Participación do equipo adaptado de fútbol sala no I Torneo de FS da Fundación Michel Salgado (Pavillón do Berbés – Vigo), xunto cos Clubes San Rafael, Praia de Samil e Juan XXIII. Perdemos na final co Club San Rafael. Dani consegue o trofeo ó mellor xogador, e Kike o de mellor porteiro do torneo.
13: CEDI visita o Taller de gaitas artesanais de Alfonso, no Rosal.
14: CEDI visita o departamento educativo do Verbum (Casa das palabras), en Samil (Vigo).
14-15: Participación no Curso de 12 horas “Liderar proxectos organizativos sostibles en tempos de cambio”, organizado por Algalia en Santiago.
15: As unidades educativas no Talaso Atlantico (Oia).
17: Os traballadores da empresa de xardinería celebran unha cea cun grupo de compañeiros e monitores a chegada do Nadal.
18: Participación no Mercado Solidario en Tui ata o 5 de xaneiro, xunto coas Asociacións Avelaiña, Vontade, Cogami Mos, Aceesca e Alento.
19: Guillermo, traballador da empresa de xardinería, viaxa a Bilbao en avión para pasar o Nadal coa sua irmán.
19: Borja Cadilla, participa na proba popular aberta en Vigo “49 gran premio pedestre do Nadal – Carreira do pavo 2010” (Posto número 82 ).
20: Reunión coas familias dos participantes no proxecto europeo “Democracia participativa”.
21: Celebración do Nadal na Discoteca Zeppelin de A Guarda (Educativas e CEDI), e visita de Papá Noel.
22: Regalos do amigo invisible, e comida no Restaurante O Castillo (Educativas), e no Restaurante Juan (CEDI e prelaboral).
23 decembro – 5 de xaneiro: Campaña de Nadal na Tenda Atalaia e Campaña solidaria a beneficio do Centro coas empresas da zona.

  • Reunións de PCP de varios usuarios/as.
  • Reunión xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, Padroado da Fundación G Prodis, Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.
  • Participación dun grupo de usuarios da vivenda con apoio nun obradoiro de “Vida autónoma”, organizado pola Cruz Vermella de A Guarda, e noutro de emancipación xuvenil da OMIX do Concello do Rosal.
  • A sección de atletismo do Club deportivo, realiza adestramentos extras para mellorar a posta a punto. Primeiros adestramentos nas Pistas de atletismo da Mata no Rosal.
  • Segundo premio no Concurso de Beléns organizado polo Colexio PP Somascos.
  • A Orde relixiosa San Miguel Arcangel, entrega agasallos os usuarios do Centro.
  • A ANPA, inicia unha Campaña para esixir un Programa de respiro familiar para a nosa zona.
  • Os “Reises Magos” puxeron a funcionar a nova web: www.sanxerome.com