Maratón Atlántica, A Coruña 2016

O pasado domingo 17, Borja Cadilla fixo realidade un dos seus soños coma deportista, a disputa dunha maratón. O fixo na Cidade da Coruña, na V Maratón Atlántica, onde máis de 2396 atletas tomaron a saída nos Cantóns nas probras c42 e 10k.

A proba de C42 partiu dende o Obelisco, ás 08:30h, cunha participación de 830 atletas, na que se impuxo o atleta checo David Pelísek, cun tempo de 2h 29min 27 seg.  O noso representante Borja Cadilla Lomba, rematou a proba en 3h 41 min 5 seg, nesta a súa primeira participación. Según nos comentou, foi unha gran experiencia, con boas sensacións en xeral. E aínda que notou, que nesta primeira participación se lle fixo moi duro a partir dos 30 km, quedando sen forzas, nunca pensou en abandonar, co apoio de Xerock (que formou parte dos grupos musicais que amenizaron a proba durante o percorrido) e a ilusión de dedicarllo a Celia, permitíronlle rematar a proba. Agora xa está pensando na preparación do Campionato Galego e  de España dos 10000 e 5000 m, tras uns días de descanso reanudará os adestramentos.

12985491_519284378258306_4207363532226314105_n   13001092_519284118258332_8257403377657726719_n 13015584_519269594926451_7208956196327699014_n 13051558_519284591591618_2293049022816933411_n 12985409_519371844916226_2854067766296987785_n12985359_519371928249551_2670130166962351694_n12998493_519371791582898_8008273394691161760_n13051638_1719255018316096_4263819613805602707_n 20160418_125259 20160418_125323 20160418_125345

Comentarios
Compartir
Club Deportivo

Publicacións relacionadas