Magosto. Castañas, chocolate, música, xogos,…
Hoxe celebramos un dous días máis festeiros do outono, nun día soleado e ata caluroso gozamos dun magosto cheo de sorpresas e ledicia.

 
O magosto conleva unha serie de actividades para levalo a cabo. Ao longo da semana fomos preparando a decoración do outono.
Entre todos xuntamos unha boa cantidade de castañas, fixemos uns conos para encher un montón delas, decorámolos, e agardamos pacientemente a que Alfonso as asase no lume. Tamén demos conta dun chocolate quentiño…
No campo do fútbol do Colexio, pasamos unha divertidísima mañá onde bailamos e cantamos cun grupo de música tradicional “O Coro Fuscalheiro”, xogamos ao pano, ao paracaídas, todos xuntos, Servizo de Adultos e Educación.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas