Luis Sández e Borja Cadilla na Meia Maratona Manuela Machado (Viana do Castelo)

 

Luis Sánchez

Masiva participación internacional e moi boa organización no evento, no que se combinaba  a proba atlética cunha camiñada pola vila de Viana na que participaron máis de 1.000 persoas. 15 deportistas e adestradores do noso Club participaron neste paseo.  A organización estivo impecable.

O keniata Evans Taieget, cun tempo de 1:03:21, foi o vencedor da Meia Maratona,  seguido do ruso Oleg Kulkov, e o portugués Sergio Silva.

Borja Cadilla, mellorou a sua mellor marca en  3 minutos, facendo  un tempo de 1:37:07; e Luis Sández no seu debut  na proba fixo un meritorio  tempo de 1:45:33.

Borja Cadilla

Borja ocupuo o posto 675 e Luis  o posto  1030, dos  1475 atletas que conseguiron rematar a proba (o último cun tempo de 2:33:19).

Noraboa a Luis e Borja, que seguen a sua preparación  para o Campionato galego de campo a través. Noraboa tamén os seus adestradores Jose Morais, Roberto Trigo , David Parada, Mario Lomba e  Pepi Vázquez, polo seu enorme e solidario traballo.

 

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas