KA 219. Proxecto B.O.D.Y. Erasmus+
O Centro San Xerome participa nun Proxecto Europeo Erasmuns+, como centro local asociado, o Proxecto B.O.D.Y. “Best Options of Developing Yourself”.
 


O IES A Sangriña, como promotor local, participa nun novo Proxecto Europeo Erasmus+ coordinado polo centro francés de Dunkerque, o Còllege Boris Vian. Nun total de sete países traballarase sobre o tema do “Corpo, Saúde e Benestar” en todas as súas vertentes.
O proxecto ten unha duración de 36 meses durante os cales, entre outras accións, se desenvolverán actividades nos catro centros asociados. Neste curso, as actividades locais desenvolveranse entorno a catro eixes temáticos:
  • Deporte, saúde e benestar.
  • Valores éticos e convivencia.
  • Ámbito da comunicación.
  • Arte, educación plástica e visual.
Realizaranse un total de 30 actividades por Curso, incidindo na cooperación e inclusión social de persoas con necesidades especiais ben sexa física, sensorial, intelectual, emocional, social ou calquera das súas combinacións, e nas que particiaparán alumnado do IES A Sangriña e usuarios dos centros locais asociados: CEIP  A Sangriña, Asociación Avelaíña de Axuda as persoas con Enfermidades Mentais, Asociación San Xerome Emiliani e Residencia para a Terceira Idade Monte Tecla.
 
Onte, martes día 3, comezamos cun Obradoiro de Baile, itinerante nos catro Centros. Hoxe deu comezo un Obradoiro de Xogos tradicionais e populares nas instalacións da Residencia Monte Tecla. E o grupo de fotografía San Xerome desenvolverá un Obradoiro co lema a “Expresividade das Emocións”, visitando no mes de novembro os distintos Centros e captando imaxes das emocións dos participantes, que finalmente plasmaranse nunha exposición fotográfica conxunta.
OBRADOIRO DE BAILE
 


OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA

OBRADOIRO DE XOGUETES TRADICIONAIS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas