Julia. Unha nova persoaxe moi especial e única de Barrio Sésamo
Barrio Sésamo, o famoso programa que enche de ledicia dende hai décadas aos nenos de todo o mundo ven de presentar a súa nova persoaxe. Julia.
 
Julia é unha nena maravillosa, única e especial. Cuns ollos verdes enormes, simpática e que lle encanta xogar.


A nova “muppet” de Barrio Sésamo prentende ser un símbolo do avance hacia unha sociedade máis igualitaria e integrada de cara aos nenos con autismo.Ela mesma explícanos a través de elementos visuais moi sinxelos que a distingue doutros nenos.
 
A súa presentación mundial fíxose a través da canción “the amazing song” (“a canción asombrosa”), coa intención de amosar que os nenos con autismo poden ser distintos, e ao mesmo tempo, maravillosos e especiais. Poden comportarse de modo un pouco diferente, pero iso non lles é impedimento para xogar e compartir experiencias como calqueira outro neno.


Polo momento, Julia só fala en Inglés e parte coma unha persoaxe dixital presente únicamente na web, o seu paso a televisión terá que agardar.
Preme na foto para coñecer a Julia
Con Julia ponse en marcha un espazo dentro da web de Barrio Sésamo adicada ao autismo, “Barrio Sésamo e o Autismo: mira o marabilloso en todos os nenos”. Unha iniciativa resultado da colaboración de varias asociacións americanas, dirixida a nenos de entre dous e cinco anos, con actividade, xogos adaptados, vídeos, recursos e unha aplicación de descarga de balde para facilitar as tarefas da vida diaria das familias con nenos con autismo.
O término Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) fai referencia a un amplo conxunto de condicións que afectan ao neurodesenvolvemento e ao funcionamento cerebral, derivando en dificultades na comunicación e interacción social, e rixidez no pensamento e na conduta. 
Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas