Jose Antonio. Unha mirada do San Xerome
Jose Antonio é un alunmo do CEEPR San Xerome Emiliani que leva tres cursos con nós. Unha das tarefas que fae é revisar todos os aspectos educativos das aulas, lle gusta moito ver que é o que fan os seus compañeiros de aula e de Colexio. Ver os traballos de aula, as saídas, etc. Lle gustan moito as recetas de cociña da aula 6, lle gustan as fichas que fan Dani e Yoli da aula 7, tamén as da aula dúas, dos pequenos. Tamén lle gustan as fotos de Sandra e Iván, e as fichas que fan el e o seus compañeiros da aula 5 e os da aula 4.
Esta actividade lle axuda a Jose Antonio no seu proceso de madurez psicolóxica, na transición da adolescencia e abandono da idade infantil. A través da observación, e revisión da súa experiencia vital, e a dos seus compañeiros a través das fotos de aula e das sesións no departamento de orientación, vai asimilando cales son os cambios físicos, comportamentais, psicolóxicos e sociais que conleva o facerse maior. Tamén lle proporciona ferramentas no traballo de tolerancia á frustración.
Aquí vos deixamos unha mostra da súa revisión a través das fotografías.
IMG-20160622-WA0001IMG-20160622-WA0000

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas