Inicio do Curso 2015-2016
O pasado mércores día 10 iniciamos o Curso escolar 2015-2016. Nervios, inquedanzas, reencontros, novidades, ledicia… Volver a comezar.

Tralos primeiros saúdos, fixemos a Asamblea de reencontro, e presentación dos novos alumnos. De aí regresamos ás aulas onde os novos grupos comezaron a organizar coas súas tutoras as primeiras dinámicas de traballo. Tamén gozamos moito das actvidades onde participamos todo o equipo docente e os alumnos que conformarán este ano o Curso.


Nestas primeiras sesións de traballo o obxectivo principal é a integración dos novos alumnos no grupo, a familiarización cos espazos, compañeiros e profesionais, e que amosen as súas inquietudes e dúbidas ante a nova dinámica de traballo. Por parte dos alumnos xa veteramos, procuramos unha boa adaptación tralo período vacacional, que nos transmitan as súas experiencias do verán e presentarlles cales son as expectativas ante o novo Curso académico.
(Clica nas fotos para velas máis grandes)

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas