I Xornada FGDA Día Internacional das persoas con discapacidade
O pasado mércores día 2 de decembro a Federación Galega de Deporte Adaptado celebrou a I Xornada do Día Internacional das persoas con discapadicade.

A xornada tivo lugar en Vigo, nas instalacións do IMD Travesas, en horario de 10:00h a 14:00h. A asistencia foi un éxtio, coa asistencia de 25 clubes e asociacións, con máis de 400 participantes. As actividades deportivas propostas foron: baloncesto en cadeira de rodas, boccia, bádminton, para-floorball (hockey adaptado), fútbol sala, fútbol 7, remoergómetro, tenis de mesa, ciclismo adaptado, petanca… E tamén houbo a oportunidade lúdica e de animación: futbolín humano, obradoiro de chapas, fútbol 3×3, chutómetro/tiro precisión…

A Asociación San Xerome, participou na festa co grupo de deportes adaptado. Unha inciativa que agardamos se repita nos vindeiros anos, xa que foi de moita ledicia por parte de todos os alí participantes

.


Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas