HISTORIAS DE SAN XEROME. FABIÁN

As historias de San Xerome enmarcanse no taller de Vídeo. Foi un proxecto que comezou no obradoiro de  Fotografia, no curso 2015/2016, pero este ano polas posibilidades que ofrecía, pasou a ser un taller propio.

Os obxectivos do obradoiro son facilitarlle ós usuarios/as as ferramentas necesarias para desenvolverse cunha cámara de vídeo e a maiores  visibilizar esas pequenas, grandes historias dos usuarios/as do centro.

Este vídeo é o capitulo VI, e é o primeiro da segunda tempada.

FABIÁN

¿Qué son as historia de san xerome?

Fabián:

  • Cousas que contamos da nosa vida no centro.
  • Actividades que facemos
  • Para que a gente sepa cousas de nós.

¿Qué é o que máis te gusta do vídeo?

Fabián: 

  • Falamos sobre a nosa vida, as nosas aficcións, mascotas etc.
  • Traballamos coas novas tecnoloxías.

¿cómo o valorarías?

Fabián:  A experiencia de facer un vídeo sobre min, estivo ben, gustoume.

O meu vídeo foi na sala de informática, xa que me gusta moito as novas tecnoloxías, e non tiña sentido facer o meu vídeo no campo de fútbol.

O día da gravación do vídeo foi diferente, nos demais  cadrou que eu son o protagonista deste vídeo, xa que normalmente estou detrás da cámara gravando ó resto dos nosos compañeiros.

Realizado polo obradoiro de vídeo (actividades artísticas).

Servizo de adultos

Comentarios
Compartir
Servizo de Adultos

Publicacións relacionadas