Formación Profesional Adaptada. Visita a Viveiros ADOA

Os mércores 20 e 27 destes mes fixemos sendas visitas coas Aulas 4 e 5 ao “Centro de Xardinería ADOA” en Mos. A esta visita uníronse aos alumnos do Ciclo de Formación Profesional, Jose Antonio, Adrián e Óscar, da aula 6 como posibles incorporacións nos vindeiros anos a este tipo de formacións. Todos eles amosaron moito interese e satisfacción pola visita.
Alí Fina explicounos moi detalladamente todas as seccións que teñen e as diferentes variedades de especies coas que traballan arbustos, árbores, plantas de exterior, plantas de interior,aromáticas, ornamentais…)
Con este tipo de actividades, onde os rapaces toman contacto directo co contexto laboral da súa formación podemos identificar e reforzar moitos conceptos traballados nos temas do Ciclo. Ademáis de ver algunas das plantas coas que traballan (plantando, transplantando e mantendo) nas prácticas do viveiro do centro, puideron comprobar os seguintes cuidados e atencións que teñen que seguir tendo as plantas una vez chegan ó centro de xardinería.

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)


  

  

 

 


Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas