Formación Profesional Adaptada. Actividades Auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería
Hai dous anos puxemos en marcha un proxecto piloto de Formación Profesional Adaptada, co Ciclo Formativo de Actividades Auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, baseado nas directrices que marca o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais do INCUAL.

O principal obxectivo é dotar ao alumnado do CEEPR San Xerome de entre 16 e 21 anos, dos coñecementos e destrezas necesarias para desempeñala ocupación de Peón no Sector AgrarIo e mellorar así a súa futura empregabilidade. 


O Ciclo formativo ten unha duración de tres anos académicos onde se inclúe a formación teórica e práctica. O módulo práctico impártese nas instalacións “Das Mercedes” na Gándara. Onde a Asociación San Xerome dispón dun viveiro de plantas e instalacións acondicionadas para a formación.


Algúns dos obxectivos que se traballan nos Módulos Formativos son as diferentes tarefas no manexo de maquinaria coma a desbrozadora, cortacéspede, etc. Arranxo do contorno da planta e eliminación das malas herbas das diferentes variedades, poda, manexo dos abonos, etc.


Tamén se inclúen dentro dos obxectivos deste Ciclo os coñecementos da rutina laboral, horarios, hábitos e aseo persoal no traballo, responsabilidade da tarefa, etc. O Ciclo tamén dispón dun módulo de Formación e Orientación Laboral, onde entre outros aspectos se repasan os principais conceptos da PRL (prevención en riscos laborais).

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)

 

 

(Clica nas fotos para velas máis grandes)

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas