FOLK XEROME EN ACCIÓN!!!

Os monitores do centro teñen contactos en todos os sitios e proba de elo foi a actuación que tivemos o pasado sábado 1 de outubro no Festival das Brétemas.

A preparación para o festival foi intensa, o venres 30 tivemos ensaio durante toda a mañá. Os ensaios saíron bastante ben. Os monitores explicáronnos como ía ser o orden das cancións e como deberíamos ir vestidos. A última hora xa non podíamos mais cos brazos, estabamos todos moi cansos e aínda tíñamos que cargar os instrumentos na furgoneta. O día estaba sendo interminable!!

Xa é o gran día!!! Agora só queda facelo moi ben e deixar á xente alucinada.

img_20161001_131916

Quedamos no centro ben cedo xa que tocábamos a media mañá. Na Guarda facía un pouco de frío aínda que o ceo estaba clariño. Durante o camiño fomos recollendo aos nosos compañeiros de grupo nas diferentes paradas. Chegamos antes das 12 da mañá a Ponteareas o “Festival das Brétemas”, ao lado da estación de autobuses. Antes da nosa actuación tivemos un pequeno ensaio e probas de son.

img_20161001_120024-copiaimg_20161001_120034-copia

 

A organización tratounos de luxo, deunos rosquillas e auga antes da actuación.

A actuación saíu bastante ben, recibimos moitos aplausos, os espectadores cantaron con nos, algunha espontánea saíu a bailar ……..

img-20161001-wa0010img_20161001_125003img-20161001-wa0012

img-20161001-wa0030img-20161001-wa0021

……….e algún do noso grupo tamén!!

 

img-20161001-wa0005

Ao acabar a nosa actuación tamén puidemos escoitar a algún grupo e gozar do Festival ata que a organización invitounos a comer. A comida estaba boísima e co estómago ben cheo volvemos a casa.

img_20161001_142032      img_20161001_144621

Graciñas a organización do “Festival das Brétemas” por darnos esta oportunidade.

img_20161001_134651 img_20161001_134734

 

 

Comentarios
Compartir
Servizo de Adultos

Publicacións relacionadas