Festival Fin de Curso 2015-2016
Despois de dez meses de traballo, ilusións, compañeirismo, bos e malos momentos, chegamos o mes de xuño, e con el as vacacións.
Que mellor xeito de despedirnos ata o vindeiro curso que cunha festa na que todos puideramos participar e gozar coas nosas familias ,compañeiros e profesores.

Celebramos a festa de fin de curso o pasado mércores 22 de xuño.
Un festival presentado por Fabián Santos e Andrea Piña, e coas seguintes actuacións:
  1. Comezamos coa obra de teatro : A fonte dos Namorados; Interpretada por Daniel R ,Marta, Fabián G, Lucia e Óscar Pintos.
  2. A segunda actuación foi a interpretación das  cancións : “Había un sapo, sapo, sapo…” . “ O paraugas do Xosé “ , a   percusión por Noelia, Sandra, e Iván, coa axuda de Charo ,Rosa e Isabel  acompañadas da coreografía de Daniel R,  Lucia , Jenni e Oscar Pinto.
  3. En terceiro lugar debuta Raúl, coa canción “Mandanga Style “ e coreografia de Miguel e Oscar Moure.
  4. Pasamos despois a solista Celia que nos interpreta a canción” Limbo”.
  5. Agora, Miguel nos deleita co doce son das cancións de Dosoul . Nesta ocasión a canción “Yo soy”.
  6. En sexto lugar, Xosé Antonio, Jenni , Raul e Miguel se animan a bailar “One direction what makes you beautiful”.
  7. E  xa para rematar Martiño e Mery , xunto con Ana e Belén, nos animan a todos a participar no  apoio a selección española de fútbol.

Unha gran festa da que todos fomos partícipes, na súa confección e realización. Agardamos que todos os espectadores, e familiares, que presenciaron ás actuacións o pasaran tan ben coma nós.

Dende o Equipo de Educación queremos desexarvos que pasedes un bo verán, e informarvos que o vindeiro curso 2016-2017 dará comezo o 12 de setembro.

 




Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas