Festival Fin de Curso 2014-2015
O pasado venres día 19 celebramos o último día do Curso cun Festival de Música e Teatro, onde os alumnos do Colexio mostraron a súas facetas artísticas.

A meirande parte dos alumnos interpretaron temas de diferentes artistas, cantaron, bailaron, tocaron instrumentos, interpretaron unha obra de teatro, etc. En definitiva, pasaron unha xornada divertida, onde poideron amosar aos seus compañeiros cualidades que non se reflexan de modo habitual.

Nesa xornada aproveitamos para facerlle unha homenaxe a Nuria e Bea, tralo festival. Ambas alumnas rematan o seu período académico, e lle desexamos o mellor para o futuro, sigan ou non ligadas ao Centro San Xerome. 
Finalmente, proxectamos a todos os alumnos un Proxecto Audiovisual onde amosamos un resumo do traballo, actividades e servizos que se viñeron a desenvolver neste Curso 2014-2015. Un documento audiovisual, montado por Cristóbal Coimbra, de Miño Films Productora Audiovisual. En breve incluiremos un enlace no Blog para compartilo con todos vós.

(Clica na foto para vela máis grande)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas