Festa dos Maios 2016
O pasado venres celebramos no CEEPR San Xerome “Os Maios”, festa popular galega que se celebra a finais de abril principios de maio que en épocas remotas  facíana para recibir a primavera e despedir o duro inverno. Para levala a cabo saímos a recoller flores para montar o noso pequeno maio, visitamos diferentes zonas do entorno na procura do arbusto. Ensaiamos durante varias semanas na nosa asemblea diaria unha cantiga  que cantamos entre todos acompañada de pandeiretas, cunchas e palmas. E finalmente o día da Festa,  bailamos moito coa música tradicional da nosa terra.

 

 


Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas