Exposición do Obradoiro de Fotografía
  1. “Asociación Avelaíña” (axuda a persoas con problemas de saúde mental)
  2. “Asociación San Xerome Emiliani” (atención a persoas con discapacidade intelectual)
  3. “CEIP A Sangriña” (Colexio de primaria)
  4. “IES A Sangriña” (Instituto de Secundaria, Bacharelato e Ciclos formativos)


O longo das 12 sesións que durou o Obradoiro,a especialista Inés Montenegro traballou aspectos como: explicacións teróricas, visionado de imaxes, técnicas fotográficas ,de cara asacar o maior proveito posible a cámara, ter en conta a luz e a cor, a contar unha historia a través da fotografía, a reflexionar antes de premer o disparador …

A exposición “Capacidade/Discapacidade” , resultado deste obradoiro, poderá visitarse na Casa dos Alonso(Praza do Reló de A Guarda), a partir do sábado dia 3, ata o10 de decembro,no seguinte horario:mañás de 11,30 a 13 h. Tardes de 17,30 a 20 h.O sábado e os dias 6 e 8 de decembro(festivos), horario só de mañá: 11,30 – 13 h.

Colabora o Concello de A Guarda.

Inés Montenegroé fotógrafa oficial da ONG “Imagen en acción”. Ten impartido obradoiros de fotografía e formación fotográfica en varios centros educativos. As suas fotografías poden verse na sua web: www.inesmontenegro.com

Cartel Obradoiro Fotografía

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas