Exposición de Fotografía “Sentimentos”. Proxecto BODY (Erasmus+)

O pasado martes día 31 de maio inaugurouse a Exposición “Sentimentos” na Tenda Atalaia da Asociación San Xerome. Esta actividade pertencente ao Proxecto BODY, foi dinamizada polo Taller de Fotografía da Asociación San Xerome dirixido por Víctor Fugetto. A actividade tiña coma obxectivo captar as distintas realidades emocionais dos usuarios de todos os Centros pertencentes ao Proxecto, a través da toma de fotografías por parte do Grupo de Fotografía desprazado a Residencia Monte Tecla, Avelaíña, IES e CEIP A Sangriña, e no propio Centro San Xerome. Trala toma de imaxes, realizaron unha selección das mesmas, e con elas montouse unha exposición itinerante que discurriu por todos os Centros, e finalmente remata o seu percorrido na Tenda Atalaia.

A Exposición está a disposición de todo o público en xeral dende o 31 de maio ata o 14 de xuño.

20160531_140717 20160531_140652 20160531_140641  20160531_140616 20160531_140618 20160531_14062420160531_140634

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas