Estimulación Basal. Con Aitor, Meryem e Martiño
Cando os nosos alumnos presentan a meirande parte das súas capacidades reducidas nunha grande medida, é necesario ir anticipando o que acontece o ao seu derredor, proporcionarlle situacións estimulares enriquecedoras que lles axuden a descubrirse, coñecerse e desenvolverse.


A estimulación basal ven sendo unha forma de potenciación da comunicación, da interacción e o desenvolvemento, orientada en tódalas áreas ás necesidades básicas do ser humano.


Algúns dos obxectivos que se perseguen con esta metodoloxía é a de optimizar o benestar e calidade de vida do usuario, estimular multisensorialmente favorecendo un despertar dos sentidos, a través da experimentación. Desenvolver intencionalidade comunicativa, para expresar sentimentos, desexos, necesidades e provocar demanda.

Unha maneira de clasificar as áreas de traballo pode ser a seguinte:

– Área somática: a través da pel proporcionamos sensacións de textura, temperatura, presión… Unha maneira de facer consciente á persoa do seu corpo, e traballar o esquema corporal.

– Área vibratoria: os ósos e caixas de resoancia son as encargadas de posibilitar a asimilación de ondas sonoras, que nos chegan en forma de vibración. Proporcionan experiencia interna.

– Área vestibular: do oído interno é de onde parte a información que posibilita a nosa orientación no espazo e configura a construcción do equilibrio.

   A estimulación basal é una actitude mantida cara toda a  actividade.

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)


Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas