Escolarización Combinada. Reunión de traballo no CEEPR San Xerome

A escolarización combinada é a modalidade onde os alumnos reparten o tempo académico entre o Centro Ordinario e o de Educación Especial. Neste caso, Aitor, un rapaz de cinco anos acude tres días ao seu Centro ordinario, a Escola Unitaria de Vilameán (CRA Mestre Manuel Garcés, Tomiño), e ven a San Xerome dous días a semana. Dende o inicio do seu proceso de escolarización combinada, os profesionais de ambas modalidades traballamos de modo coordinado, procurando os mesmos obxetivos e compartindo métodos e dinámicas de traballo. Hai unha adaptación a cada contexto académico particular,mais ás dinámicas de traballo establecidas seguen o mesmo fío conductor en ambos Centros. Alo menos, tres veces ao ano, reunímonos para facer un seguimento e avaliación da evolución de Aitor ao longo do Curso. Unhas xornadas que nos axuda na planificación do traballo, no establecemento de obxectivos, e en definitiva, facilita o compartir a nosa experiencia educativa dende as dúas perspectivas.

Este pasado xoves, xuntámonos o equipo de profesionais que compartimos a experiencia educativa de Aitor: mestres, logopeda, terapeuta pedagóxica, auxiliar educativa, fisioterapeuta, orientadores.

IMG-20160123-WA0000

IMG-20160123-WA0001 IMG-20160123-WA0002 IMG-20160123-WA0003 IMG-20160123-WA0004 IMG-20160123-WA0005 IMG-20160123-WA0006 IMG-20160123-WA0007

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas