Escolarización combinada. Na Escola Unitaria de Vilameán.
Este venres acudimos parte do Equipo docente á Escola de Vilameán, pertencente ao CRA de Tomiño, onde vai Aitor, un alumno que está en Escolarización Combinada, unha modalidade onde se mistura a Escolarización Ordinaria coa de Centro Específico.


Coma xa comentamos nunha entrada anterior, neste tipo de modalidade os rapaces manteñen a súa escolarización no seu Centro Ordinario, e acuden ao Centro Específico un ou varios días á semana para recibir apoios específicos, formacións axeitadas ás súas necesidades ou coma parte do proceso de adaptación a unha futura incorporación a tempo completo no Centro específico.


A Escolarización combinada favorece a colaboración dos profesionais de ambos Centros, implica compartir un modelo de aprendizaxe que favoreza a inclusión dos alumnos de necesidades específicas na Escola ordinaria. E por suposto, mellora o desenvolvemento psicolóxico, fisiolóxico e social dos alumnos.

A esta primeira sesión de traballo acudimos a tutora, terapeuta ocupacional, logopeda e orientador do San Xerome, e alí compartimos información e acordos de traballo coa súa tutora, auxiliar educativa, profesora terapéutica e a orientadora.

Un traballo conxunto e de colaboración que pretende unificar obxectivos, visión e metodoloxía de traballo, onde o alumno sexa o máis beneficiado da acción, e os esforzos de cada Centro maximicen a súa eficacia.

As profesoras, apoios, compañeiros e Aitor, recibíronnos con moito agarimo.


(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)

 

 

 

 
Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas