Escolarización Combinada. Na Escola de Vilameán con Aitor
Aitor é un neno que está en Escolarización Combinada, unha modalidade onde se mistura a Escolarización Ordinaria coa de Centro Específico.

Neste tipo de modalidade os rapaces manteñen a súa escolarización no seu Centro Ordinario, e acuden ao Centro Específico un ou varios días á semana para recibir apoios específicos, formacións axeitadas ás súas necesidades ou coma parte do proceso de adaptación a unha futura incorporación a tempo completo no Centro específico.

A Escolarización combinada favorece a colaboración dos profesionais de ambos Centros, implica compartir un modelo de aprendizaxe que favoreza a inclusión dos alumnos de necesidades específicas na Escola ordinaria. E por suposto, mellora o desenvolvemento psicolóxico, fisiolóxico e social dos alumnos.

A comezos do Curso, no medio e ao final, os centros que compartimos a Educación dos alumnos nesta modalidade facemos reunións onde compartimos as distintas accións educativas e procuramos facer un traballo complementario entre ambos, intercambiando información e realizando unha valoración conxunta da evolución do alumno. O pasado venres tivemos a derradeira reunión, nesta ocasión na Escola de Vilameán. As profesoras, apoios, compañeiros e Aitor, recibíronnos con moito agarimo, nos amosaron a súa Escola e disfrutamos dalgunhas actividades que fan.

Dende o CEEPR San Xerome Emiliani desexávomos que sigades con esa ilusión diaria, e por suposto, verémonos o vindeiro ano. 

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas