Así como o día que sacamos a licenza o tempo non nos acompañou demasiado o sábado foi un día redondo!
Nada mais chegar a Bouzas xa nos estaban esperando Luis, Oswaldo, Pepe e Paco.
Tras unha breve explicación sobre os diferentes tipos de chalecos salvavidas e o seu uso, repartíronnos nas diferentes embarcacións e fomos ver o actualmente coñecido co nome de Astoria, que é o cruceiro mais antigo do mundo.
Logo marchamos a toda velocidade rumbo a Cangas, daba un pouco de norte e segundo a embarcación uns pasamos mais frío ca outros, pero vaia paisaxe!
Xa case en Cangas tomámonos un tempo para practicar e refrescar o aprendido o outro día e ir probando todos as distintas embarcacións.
En Cangas convidáronnos a comer no propio porto. Primeiro, aproveitando o sol, tomamos un refresco na terraza superior e logo pasamos ao comedor. Comida á carta, postre e café!
Xa de volta paramos preto da beira dunha das praias da zona, practicamos outro pouquiño e volta para Vigo co atardecer e as Cíes de telón de fondo.
Oxalá podamos volver pronto e teñamos un día tan espléndido coma o do sábado.