Educación Física con Amalio
Durante os meses de outubro a maio, mentres un grupo e alumnos vai a piscina de Valença, o resto do grupo realiza unha sesión de educación física.


Para esta actividade contamos coa axuda de Amalio, profesor de Educación Física no IES A Sangriña de A Guarda. Cando Amalio non pode vir por algún motivo, continúase coa actividade impartida por unha mestra do Centro.

Estas actividades poden ser dende facer unha camiñata, circuito de máquinas, malabares, psimomtricidade, hockey, baloncesto, fútbol, exercicios aeróbicos, etc.
A actividade ten coma obxectivos, entre outros, o uso axeitado dos materiais e espazos, a práctica axeitada da propia actividade, adquisición de hábitos de hixiene corporal e coidado do corpo, aumentar a autoestima e a autonomía persoal, identificación do propio corpo e as principais partes que interveñen no movemento, estructura corporal, lateralidade, orientación, habilidades motrices, etc. Tamén intenamos inculcar o repecto de cara as persoas que participan no xogo e rexeitar os comportamentos antisociais, a participación en actividades físicas diversas aceptando a existencia de diferenzas, e a comprensión, aceptación e cumprimento das normas do xogo

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)


  
  
 
  
Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas