CURSO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL

 Gracias á financiación da Fundación Once, no marco do programa operativo “Loita contra a discriminación 2007- 2013”, e o Fondo Social Europeo (FSE), o pasado 15 de novembro deu comezo na Asociación San Xerome o curso de formación ocupacional Operacións básicas de pisos en aloxamentos.  Ata finais de abril catorce dos nosos rapaces/as  recibirán clases teórico-prácticas para poder exercer como camareiras/os de piso, orientando a súa formación sobre todo ós aloxamentos turísticos (hoteis, albergues, hostais, etc). O material didáctico está deseñado específicamente para o grupo e utiliza os pictogramas como medio de comunicación. Os contidos se centran na posta a punto de habitacións, lavado e planchado de roupa, que se combinan con sesión prácticas e visitas a centros de traballo

 

BZHHpU4IAAAF4HQ_002BZG6vrLIAAAlpGF_002IMG_1863

IMG_1898IMG_1904IMG_1902IMG_1900

 

 

Con este curso cada un dos rapaces recibirá unha ampla formación en operación básicas en pisos de aloxamento como hoteis, albergues, residencias,etc. Están adquirindo competencias para realizar a limpeza e posta a punto de habitacións, zonas nobles e áreas comúns cos apoios pertinentes. Ademáis aprenderán a arranxar e planchar a roupa dos establecementos e dos seus clientes nos diferentes tipos de aloxamentos, buscando a calidade e aplicando as normas de seguridade e hixiene establecidas neste sector.

Por outra banda, o material didáctico empregado na formación deseñouse específicamente para este grupo, adaptando os contidos e procurando facilitar a súa comprensión mediante materiais e dináminas motivadoras. Ademáis, tanto o material audiovisual empregado como o didáctico se desenvolve con un sistema alternativo de comunicación, que emprega pictogramas.

Paralelamente se están realizado numerosas incursións en entornos reais, visitando diferentes tipos de aloxamentos, turíticos e non turísticos. Ademáis  se están implementado actividades grupais que van máis alá da participación e interiorización de contidos pois, a través da motivación e experimentación directa, pretenden adquirir habilidades e aptitudes necesarias no desenvolvemento desta labor profesional.

Dende a Asociación apostamos pola formación ocupacional xa que así non soamente capacitamos ás persoas con discapacidade intelectual para ampliar as súas oportunidades de acceso a un emprego, senon que facemos valer un dereito fundamental que vai máis alá das catalogacións sociais, que engloba ó conxunto da poboación.

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas