Cross, Licenza de navegación e Récord do mundo!

Prometemos aventuras e aventuras traemos de volta!

O sábado foi un día no que se concentraron múltiples eventos deportivos.

Por un lado tivo lugar no camping de de Santa Tecla – Salcidos un evento de campo a través organizado pola agrupación AGRUDEBAM no que participaron Borja e Luis. O día non acompañou moito, pero a pesar da choiva e do barro os compañeiros acadaron os postos de sétimo e octavo. Noraboa Borja e Luis!!! Antes da entrega de trofeos houbo unha exhibición de canicross coas modalidades de mushing e bikejoring.

15253555_613930975460312_8580707415982966491_n                                        15134537_613929662127110_4139010791385457338_n

 

Por outra banda, os que o outro día pasáramos o psicotécnico arrancamos para Vigo. Ás 08.30 da mañá partíamos cara a Casa do Deporte de Vigo onde tivo lugar o curso teórico para a obtención da licenza de navegación. Alí compartimos aula con outras persoas que tamén viñan a sacar a licenza dende outros puntos de Galicia. Na aula xa non cabía nin un alfinete. Ao saír fixémonos unha foto co xerente de Predif Galicia, voluntarios de Predif Galicia e co resto de participantes do curso.

 

aula                  en-la-entrada-aulaaula-2

Logo dirixímonos todos ao porto de Bouzas. Alí esperábannos Pepe e Oswaldo da asociación Sodináutica de Vigo (pertencente a Predif Galicia). Foron eles os encargados de dirixir as nosas prácticas.

todos-en-el-puerto

A primeira aventureira foi María, que compartiu barco con dous compañeiros en cadeiras de rodas. Seguímola un grupiño formado por Pablo, Miguel, Vane, Roberto (voluntario de predif) e eu; e por último Nuria, Maite e Armando.

 

luis-y-maria-ayudando                        miguel-pilotando                                      grupo-barca-alba                                   vane-pilotando

 

pablo-mar-de-fondo

Finalmente o Presidente da Federación Galega de Motonáutica entregounos o Título.

A idea inicial era ir comer a Cangas, pero todas as previsións metereolóxicas confundíronse e a verdade é que ademais de moito vento tamén chovia… Así que as prácticas non deron para tanto como nos houbese gustado, pero puidemos poñer en práctica a teoría: medidas de seguridade, home á auga, xira a babor, a estribor, pasos e preferencias… No meu grupiño Miguel tivo a ocasión de navegar a toda velocidade!! Todos estiveron de dez!!

Trala comida á que nos invitou Predif Galicia preto do porto e como finalmente tíñamos tempo de abondo, fomos a Tui a ver e animar a Damián e André, quenes acadaron o récord do mundo e o superaron con 12´19´´ de vantaxe!

con-el-campeon remo-aereo

Xa con tanta emoción entre os nosos títulos e o récord do mundo puxémonos de celebración! Nuria tíñanos preparada unha sorpresa e regalounos unhas madalenas boísimas. Eu tiña preparada unha botella de champán sen alcohol tal e como dita a tradición de calquera evento náutico que se prece.

brindando  maria-descorchandotodos-brindando

Por último fomos deixando un a un na súa casa e aínda non lles preguntei, pero creo que durmiron todos e todas esa noite coma nenos (incluída a que redacta).

Cando o tempo acompañe volveremos ao mar. Invitados xa estamos!

Comentarios
Compartir
Club Deportivo

Publicacións relacionadas