Copa Galicia de Baloncesto

O pasado día 15 tivo lugar en Ponteceso a Copa Galicia de baloncesto adaptado, onde as nosas rapazas deron o mellor de si mesmas nunha xornada intensa.

San Xerome – Esclavas foi o primeiro partido en disputarse. O partido foi emocionante. O San Xerome foi por diante no marcador case todo o tempo agás no último cuarto, onde Esclavas remontou ata poñerse por diante quedando finalmente 19-22 a favor das de Mos.

A organización convidounos a unha comida co resto dos equipos onde pasamos un momento moi distendido.

Despois de comer tivemos a oportunidade de ver xogar aos outros equipos, animalos ferventemente desde as gradas, facer algún que outro amigo, xogar un pouco entre nos, e os compañeiros dos equipos de cadeiras de rodas deixáronnos probar como é xogar ao baloncesto dun xeito diferente, nas súas propias cadeiras de rodas.

O evento rematou coa entrega dos trofeos dos gañadores e dos de participación na Copa de Galicia. Celia foi a encargada de recoller o noso agasallo que xa está exposto no San Xerome!

Voltamos tarde a casa pero o pasamos moi ben e a xornada pagou a pena.

 

img_20161015_091904 img_20161015_105604   img_20161015_110635 img_20161015_110945 img_20161015_111847 img_20161015_112514 img_20161015_114446 img_20161015_120117 img_20161015_120133 img_20161015_194559 img_20161015_194807  unspecified2unspecified

Comentarios
Compartir
Club Deportivo

Publicacións relacionadas