Convivencia con outros Centros. Homenaxe a Amparo. CEIP Manuel Rodríguez Sinde

Hoxe xoves tivemos un encontro de Convivencia cos alumnos de 5º de primaria do CEIP Manuel Rodríguez Sinde da Guarda. 

 
 
Xunto con eles, os alumnos do CEEPR San Xerome e usuarios do Servizo de Adultos da Asociación, compartimos varios momentos e actividades en homenaxe a pintora gardesa Amparo Ferreira Ameal, usuaria durante moitos anos na Asociación San Xerome.

Co gallo do seu homenaxe, recibimos aos alumnos do CEIP Manuel R. Sinde, lles ensinamos o noso Centro, en no ximnasio en grupos de traballo reproducimos algunhas obras da pintora. Os alumnos tiveron a oportunidade de compartir momentos de conversa e coñecela, gozamos dun pequeno concerto por parte do grupo FolkXerome, unha exhibición de Boccia por parte do grupo de deporte adaptado, fixemos chapas, e ata houbo tempo para coñecer a Aula Multisensioral (Sala Snouzelen).
Unha grande oportunidade para compartir momentos, abrir ó noso Centro a outros entornos educativos e por en valor a potencialidade dos nosos usuarios.
Queremos agradecer ao curso de 5ºprimaria, alumnos e profesoras a súa visita, estamos encantados de recibir tanto agarimo e atención pola súa parte. As portas de San Xerome están abertas para todos vós cando queirades.
E xa estamos a matinar para devolvervos a visita.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas