Clausurada a exposición de fotografía medioambiental

Nada hai máis sorprendente e  enriquecedor que cinco, dez, quince persoas mirando  a  mesma  paisaxe a través de distintos ollos, o  mesmo obxecto a través de distintas perspectivas,  a mesma luz a través de distintas cámaras.  O ongo de 7 meses  temos  aprendido que a diversidade  é  boa,  pero que  no fondo non  somos tan diversos como creemos. O   principio  achegamonos uns os outros con ideas preconcebidas, con prexuizos , pero pouco a  pouco a realidade  os vai tumbando  para deixarnos  mirar   a ilusión e  as gañas de comunicar e  de aprender  o que  hai  en cada un  de nos.

Ó final, o bosque  permitiunos  mirar as  árbores  e  apreciar  raíces, copas  e  troncos sen máis filtro que o  do  traballo  ben feito.

Durante o  Taller temos aprendido a combinar  as cores, a buscar puntos de vista, a fixarnos  no  pequeno  e no  grande, a experimentar, a retratar persoas, a inventarnos fotos que non existían, a non  darnos por satisfeitos cunha toma. Tamén  temos  ollado  fotos,  moitas  fotos, de artistas contemporáneos  e clásicos, e  trasladamos o  Taller a  rua , a  praia  e o  monte c ando  fixo falta . O  resultado  é  unha nova forma de mirar o  mundo, que  agardamos  que siga con nos moito tempo para   poder  amosar a  sua  beleza  pero tamén as suas vergoñas, As fotografías son obra de Inés Montenegro,  durante a realización do Taller de fotografía, incluido nas actividades de integración do Proxecto europeo Comenius Regio coa participación de alumnos do CPI e IES  A Sangriña,  e do San Xerome.

Comentarios
Compartir
Xerhorta

Publicacións relacionadas