CLAUSURA DO CURSO “OPERACIÓNS BÁSICAS DE PISOS EN ALOXAMENTO”

Mañán xoves 26 de xuño, as 11 h. terá lugar o Acto de clausura do Curso “Operacións básicas de pisos en aloxamento” que se estivo impartindo para 13 alumn@s o longo de 8 meses no Centro S. Xerome.
A importancia deste Proxecto radica na capacitación profesional deste grupo de moz@s con diversidade funcional (usuarios do Centro), que superaron os contidos homologados polo Ministerio de Educación. Estes contidos son os mesmos que se impartiron en calquer outro Centro de formación do Estado español que ofertara o citado Curso.

Con motivo da Clausura do Curso, contaremos coa presenza dun Comité de directivos da Fundación ONCE (entidade financiadora) que entregarán persoalmente os Diplomas acreditativos ós alumn@s.
Asimesmo contaremos coa presenza de familiares, amigos … e tamén coa actuación do grupo XeRock Percusión, que amenizarán a xornada dándolle un toque festivo a esta data tan sinalada.
Nas imaxes, diferentes momentos do desenrolo do Curso: visitas a instalacións relacionadas coa rama da hostelería, prácticas en hoteis …

ONCE

Bk8FaSfCIAAQixQ.jpg large Bitp7WKCYAAnr7n BokDQKOIEAEUHIP.jpg large BitpcOOCcAA-Tdv BokCVWlIEAEjwFw.jpg large BokB76uIYAA_5Ol.jpg large Big-jsKCAAElsVo.jpg large Big-N1SCUAANusW.jpg large BoKJ0V4CAAAGzF7.jpg large

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas