Charla sobre incapacitación e tutela da Fundación Tutelar Sálvora

COMO SE INCAPACITA?

O trámite iníciase facendo unha demanda, esta consiste en cubrir unha solicitude onde se fai constar o nome do incapaz, a persoa que fai a demanda e datos persoáis dos descendentes que van a ser posibles tutores.

Acompañase da seguinte documentación:

– Fotocopia e orixinal do DNI do incapaz
– Fotocopia e orixinal do DNI do pai/nai que fai a demanda.
– Fotocopia e orixinal do certificado de discapacidade.
– Certificado literal de nacemento do incapaz.
– Informe médico de cabeceira do incapaz.

A continuación recíbese no domicilio unha citación no xuzgado da zona correspondente, onde estarán presentes todos os citados. O xuiz valora a persoa e a situación familiar xunto co fiscal.
Por último se recibe no domicilio unha copia da sentenza onde consta o tipo de incapacitación e os tutores.

ONDE FACER O TRÁMITE?

Pódese iniciar o trámite coa traballadora social do centro San Xerome, tamén directamente no xuzgado da zona ou ben a través da Fundación Tutelar Sálvora, este servicio é totalmente gratuíto e se pode pedir cita para calquera dúbida antes de iniciar todo o proceso.

Centro San Xerome 986 613719
Traballadora social Ana
Horario de 9:00 a 16:00
Fundación Sálvora
C/ Marqués de Valladares 14 , 1º Of. 9, Vigo- 36201
Tlf. / Fax 986228074
Sempre que se inicie o trámite de incapacitación é moi importante que no testamento se faga constar quen queremos que sexa o tutor, e quen non queremos que sexa, (sempre expondo os motivos), e facer constar os bens que lle van quedar.
Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas