Certame de Microrelatos. Biblioteca municipal da Guarda
Marta, Óscar Moure e Miguel Ángel participaron no Certame de microrrelatos, unha actividade programada no mes de abril polo concello da Guarda para conmemorar o Mes do Libro na Biblioteca Municipal. 
Moi decididos, convertíronse en escritores e confeccionaron os seus microrrelatos de xeito natural, cada un amosou ter un estilo propio e as súas temáticas foron diversas acorde os seus gustos, intereses, personalidades…
O martes 12 de Abril , Óscar encargouse de entregalos na oficina da Concellería cultura do Concello e o xoves 14 de abril ás 17:00h da tarde procedeuse a inagurar a exposición con todos os microrrelatos.
Emocionados percorreron a sala de exposicións coas súas respectivas familias, amosando orgulloros as súas obras.


 

 

 

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas