Recentemente foi aprobado polo INJUVE un Proxecto presentado polo grupo Xerock, na sección  “Cancións no camiño”.O Proxecto atopase na primeira fase de execución.

Compartir

 O día 23/12/2012 en Vigo celebrouse a o Gran Premio  Pedestre do Nadal de Vigo, proba popular e federada coñecida popularmente como a “Carreira do Pavo”, proba típica do calendario atlético de Pontevedra. Esta proba foi patrocinada polo Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra e Corte Inglés.Un ano mais e con unha temperatura ideal, +/- 16º, atípica destas datas, os atletas de competición do San Xerome acudiron a cita pedestre. As mulleres fixeron  un percorrido de 4.163 m, correspondente a 5ª carreira da mañá participando conxuntamente as categorías Xuveniles, Júnior e Veteranas mulleres.

Compartir

O pasado venres dia 21 de decembro tivo lugar a tradicional Festa de  Nadal no Centro San Xerome.  Houbo  cuatro  momentos “estelares”:
1. A visita de Papá Noel.
2. A Asamblea extraordinaria das Unidades educativas (Vídeos e Panxoliñas …) O Festival no Ximnasio do Servizo de adultos  con diferentes actuacións (Luis “Metallica” …).

Compartir

O pasado  domingo 16 de decembro tivo lugar no Auditorio de Goián  un Festival  organizado pola ANPA do San Xerome, co obxectivo de recadar fondos para diferentes actividades cos usuarios do Centro.

Compartir

 

O pasado fin de semana tivo lugar no Pavillón do Berbés en Vigo, o III Torneo  Fundación Michel Salgado na especialidade de Fútbol sala para persoas con discapacidade intelectual.

Cunha  perfecta organización competiron 6 equipos: Juan XXIII, San Rafael, Down Vigo, Praia de Samil, Racing Club de Chapela e San Xerome.

Compartir

 

As xornadas de debate tiveron lugar os días 12 e 13 de decembro nas instalacións do Centro San Xerome, e nelas participaron profesionais  relacionados coa intervención en nen@s con necesidades educativas especiais (Orientadores, Profesores de Pedagoxía terapéutica e de Audición e linguaxe), xunto cos responsables das Unidades educativas do S. Xerome.

Compartir

O   polifacético artista  guardés Toi Lomba expón na Tenda Atalaia do Centro San Xerome (Rúa Galicia, 23), a sua obra “Mamar es un placer”, basada nas teorías de Aldous Huxley”. 

Compartir

Proxecto desenrolado  conjuntamente dende finais do 2011 polo Club San Xerome e o Club de remo Robaleira de A Guarda.

Un gran reto con vistas a futuras competicións nacionais e internacionais, coa esperanza de  que novos clubes Galegos e Estatais     se unan ó Proxecto.

Compartir

 

Con motivo do Dia internacional da Discapacidade, inauguramos hoxe no Centro Cultural duas exposicións:

1- Exposición de pintura do Taller artístico “Pintamos”.

2- Exposición de trofeos e fotografías do Club Polideportivo (Primeira parte), dende a sua creación 1986 ata o 2001. En breve anunciaremos a exposición da segunda parte: 2001, ata a actualidade.

 

Compartir