Destacadísima actuación dos atletas do Club deportivo San Xerome no Campionato galego de campo a través, celebrado onte mércores no circuito de Castrelos (Vigo), organizado pola Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual. Un total de 11 Clubes Galegos estiveron presentes no citado circuito.

Compartir

Organizada pola ANPA, coa presencia de numerosos familiares dos alumnos do Centro, tivo lugar o luns 21 de febreiro no ximnasio do Centro unha charla – coloquio sobre a Tutela e Incapacidade.

Compartir

A Gala  tivo lugar o venres  18 de febreiro no Centro Cultural  coa asistencia de numeroso público.

Compartir

Este próximo domingo dia 20 de febreiro a partir das 6 da tarde e no Auditorio de Goián, terá lugar un encontro  lúdico – festivo  das familias, alumnos, colaboradores  e profesionais do Centro San Xerome, para celebrar o 30 aniversario da creación do Centro.

Compartir

Dende onte dia 8 de febreiro, temos raíces no Monte Tegra. Coa colaboración do Concello de A Guarda, o noso proxecto simbolizado en 30 árbores , crecerá na zona de Cháns.

Compartir

O próximo martes dia 8 de febreiro,  cumpriremos 30 anos de existencia.   A nosa historia estase a escribir con sucesivos capítulos cheos de incógnitas, dúbidas,  dificultades e satisfaccións, pero nos que o apoio moral ,  económico  e solidario do noso entorno  tivo  e segue tendo  unha gran  importancia, suplindo durante anos o abandono e as carencias da Administración. A colaboración  cidadá   foi   clave no noso desenvolvemento.

Compartir

Os atletas Luis Sández, de Tui,  e Borja Cadilla, de A Guarda,  do Club  deportivo San Xerome, participaron o pasado fin de semán na XIII edición da Meia Maratona Manuela Machado na vila portuguesa de Viana do Castelo.

Compartir

 

Un grupo de mozos e mozas dos Centros San Xerome e Avelaiña, viaxan hoxe a Lisboa no marco do Proxecto europeo: “JOVENES CON EUROPA: UN DIALOGO DE PARTICIPACIÓN E IGUALDAD”. Alí participarán, ata o domingo dia 30 de xaneiro, en diferentes actividades con mozos e mozas do Centro Cercipóvoa da localidade de Santa Póvoa de Iria, situada a 30 minutos de Lisboa.

Compartir

Despois de varios anos dándolle voltas a actualización da páxina web, por fin está eiquí, adaptadas aos tenpos que corren, con conexión con Twitter dende xa e a outras redes

Compartir