O próximo martes dia 8 de febreiro,  cumpriremos 30 anos de existencia.   A nosa historia estase a escribir con sucesivos capítulos cheos de incógnitas, dúbidas,  dificultades e satisfaccións, pero nos que o apoio moral ,  económico  e solidario do noso entorno  tivo  e segue tendo  unha gran  importancia, suplindo durante anos o abandono e as carencias da Administración. A colaboración  cidadá   foi   clave no noso desenvolvemento.

Compartir

Os atletas Luis Sández, de Tui,  e Borja Cadilla, de A Guarda,  do Club  deportivo San Xerome, participaron o pasado fin de semán na XIII edición da Meia Maratona Manuela Machado na vila portuguesa de Viana do Castelo.

Compartir

 

Un grupo de mozos e mozas dos Centros San Xerome e Avelaiña, viaxan hoxe a Lisboa no marco do Proxecto europeo: “JOVENES CON EUROPA: UN DIALOGO DE PARTICIPACIÓN E IGUALDAD”. Alí participarán, ata o domingo dia 30 de xaneiro, en diferentes actividades con mozos e mozas do Centro Cercipóvoa da localidade de Santa Póvoa de Iria, situada a 30 minutos de Lisboa.

Compartir

Despois de varios anos dándolle voltas a actualización da páxina web, por fin está eiquí, adaptadas aos tenpos que corren, con conexión con Twitter dende xa e a outras redes

Compartir