O próximo venres 18 de novembro, terá lugar nas instalacións do Centro San Xerome Emiliani de A Guarda, un taller de musicoterapia no que participarán usuarios das Asociacións Avelaíña e San Xerome Emiliani, e alumnos dos Centros de ensino público CEIP A Sangriña e IESP A Sangriña, dentro do marco do programa europeo comenius-regio.

 

Compartir

Sun Maite Santos, traballo  media xornada  neste viveiro e outra media na empresa de xardinería. Quixera  contar unha pequena historia.

Compartir

Achegámosvos unha selección de imaxes do Festival de Goian celebrado o pasado 20 de febreiro.

Compartir

O Centro San Xerome Emiliani en asociación con Avelaiña e o centro Portugués Cerci Povoa da Cámara de Povoa de Santa Iria (a vinte minutos de Lisboa), comezaron o pasado mes de xaneiro un proxecto sobre as institucións democráticas. Dentro de este proxecto se enmarca a visita o parlamento de Galicia e o encontro na dirección xeral da dependencia do pasado venres 18 de marzo.

Compartir

Destacadísima actuación dos atletas do Club deportivo San Xerome no Campionato galego de campo a través, celebrado onte mércores no circuito de Castrelos (Vigo), organizado pola Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual. Un total de 11 Clubes Galegos estiveron presentes no citado circuito.

Compartir

Organizada pola ANPA, coa presencia de numerosos familiares dos alumnos do Centro, tivo lugar o luns 21 de febreiro no ximnasio do Centro unha charla – coloquio sobre a Tutela e Incapacidade.

Compartir

A Gala  tivo lugar o venres  18 de febreiro no Centro Cultural  coa asistencia de numeroso público.

Compartir

Este próximo domingo dia 20 de febreiro a partir das 6 da tarde e no Auditorio de Goián, terá lugar un encontro  lúdico – festivo  das familias, alumnos, colaboradores  e profesionais do Centro San Xerome, para celebrar o 30 aniversario da creación do Centro.

Compartir

Dende onte dia 8 de febreiro, temos raíces no Monte Tegra. Coa colaboración do Concello de A Guarda, o noso proxecto simbolizado en 30 árbores , crecerá na zona de Cháns.

Compartir

O próximo martes dia 8 de febreiro,  cumpriremos 30 anos de existencia.   A nosa historia estase a escribir con sucesivos capítulos cheos de incógnitas, dúbidas,  dificultades e satisfaccións, pero nos que o apoio moral ,  económico  e solidario do noso entorno  tivo  e segue tendo  unha gran  importancia, suplindo durante anos o abandono e as carencias da Administración. A colaboración  cidadá   foi   clave no noso desenvolvemento.

Compartir