ANYONE

Compartir

 

O pasado sábado 10 de decembro participamos na segunda edición do Torneo Fundación Michel Salgado no pavillón do Berbés en Vigo, xunto cos equipos: Juan XXIII, San Rafael e Praia de Samil.

O noso equipo ganou o primeiro partido ó Club Juan XXIII de Pontevedra, pero perdemos co Club San Rafael de Vigo e non poidemos acceder a final. O vencedor absoluto do Torneo foi finalmente o equipo San Rafael de Vigo.

 

Compartir

 

O obradoiro iniciouse o pasado mes de outubro, e nel participan un total de 15 alumnos dos diferentes Centros do Baixo Miño participantes no Proxecto europeo Comenius Regio

Compartir

 

Despois da celebración o longo do ano 2011 das 3 xornadas deportivas, onte mércores dia 23 de novembro o equipo feminino da categoría adaptada proclamouse campión galego.

Nesta terceira xornada, disputada no Pavillón de O Porriño , o club do Baixo Miño derrotou con claridade os equipos Aspanaex e Méndez Núñez de Vigo.

Compartir

O vindeiro venres 25 de novembro o centro San Xerome Emiliani en colaboración co Instituto da Sangriña vai celebrar o derradeiro acto do proxecto de democracia participativa que comenzou o pasado 1 de decembro do 2010.

Compartir

Este pasado venres, no Obradoiro de Musicoterapia, "pateamos" algúns prexuizos sociais a golpe de tambor cunha nova proposta reinvindicativa. Nesta ocasión, a inclusión social leva ritmo, e faise escoitar.

A partir do luns 21 de novembro, no apartado de "audio" da páxina web de Estudios Baixo Miño http://www.bmestudios.com, poderase escoitar o abraiante resultado do Obradoiro de Musicoterapia no que participaron usuarios das asociacións Avelaíña e San Xerome Emiliani, e alumnos dos centros de ensino CEIP A Sangriña e IESP A Sangriña.

Compartir