Este xoves 14 de xunio, dentro da programación de Actividades Artísticas do Servizo de Adultos, recibimos a visita de Jano, un inquedo debuxante coruñes Licenciado en Belas Artes que traballa afincado en Vigo como historietista, ilustrador e deseñador gráfico, para impartir un Taller de creatividade centrado no apaixoante mundo dos cómics.

Compartir

O mes de Xuño, caracterízase habitualmente no noso Centro, como un mes de actividade vertixinosa. Xuño 2012, non podía ser menos!

Tivemos nos últimos días: Sendeirismo polo Monte Aloia e Piragüismo no Tamuxe co IES A Sangriña, o Festival do Servizo de adultos no Auditorio de Goián coa presenza masiva das familias, reunión dos grupos de participación para a elaboración do Plan estratéxico do Centro (2012-2014), Campamentos das Unidades educativas e do Servizo de adultos na Colonia de vacación “Arbore” de Vila do Conde (Portugal),

Compartir

Borja Cadilla (Atletismo), Carmelo Cadilla e David Barbosa (Fútbol sala), Amparo Ferreira, Maite Santos, Rosalía González,  María García, Maite  Barros (Baloncesto) ,  e a adestradora Tere Piñeiro, serán os representantes do noso Club na Selección Galega (FEGADDI) que competirá os dias 14, 15 e 16 de xuño no Campionato de España de Seleccións  autonómicas  que terá lugar   en San Fernando (Cadiz), organizado pola Federación española de deporte para persoas con discapacidade intelectual (FEDDI).

Compartir

Este xoves recibimos unha visita moi entrañable no San Xerome; un músico que se di "dos de antes", que leva a friolera de setenta anos ligado á música, e que coas súas 82 primaveiras está aínda moi lonxe de afastarse deste arte.

Estamos a falar de Castelar Piedra, fillo do eminente Pablo Piedra -célebre profesor da Banda de Música de Tabagón durante 30 anos-, historia viva da Música de Banda da Comarca do Baixo Miño.

Con esa serenidade e simpatía que lle caracterizan compartiu con todolos presentes unha chea de historias, anécdotas e experiencias. Dende os seus inicios na primeira Romaría de San Amaro, en Camposancos alá polo 1942, pasando pola súa viaxe a Valladolid, ata recordar con medida emoción a homenaxe que recibiu recentemente por parte da Agrupación Musical de O Rosal no seu 25 aniversario.

Compartir

O domingo  3 de xuño tivo lugar  en Amorín (Tomiño), a IV edición da Carreira popular de Amorín (carreira pola integración).
Nesta ocasión, a organización  acadou dous importantes obxectivos, a integración  dos deportistas con discapacidade (Club San Xerome e Racing de Chapela)  en pe de igualdade  co resto dos deportistas, e  a solidariedade, xa que a recadación da  inscripción na carreira  foi a prol de Unicef.

Compartir

As probas disputaronse o mércores 30 de maio nas Pistas de Atletismo Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa; a organización correu a cargo da Federación galega de deportes para discapacitados intelectuais (FEGADDI).  Participaron un total de 14 Clubes da xeografía galega, nas tres posibles modalidades de participación:  Competición, categoría adaptada e xogo.

Compartir

 

A exposición estivo aberta ó público na Tenda do Centro San Xerome, dende o pasado 14 de maio.

Estas son as impresións  de Inés Montenegro, profesional da fotografía e responsable do Taller.

 

“Duas  persoas miran  ó  exterior a través dos  mesmos barrotes:  unha mira

o  fango  e a  outra  as  estrelas”. Frederick Langbridge (1849–1922)

Compartir

Onte martes dia 30 de maio tivo lugar nas instalacións deportivas do Centro San Xerome a última xornada do  “Torneo integración” de fútbol, incluido no Proxecto europeo Comenius Regio.
Nesta ocasión foi o turno dos rapaces da ESO, do IES A Sangriña, do Colexio PP Somascos e dos deportistas  do San Xerome e Avelaiña.

Compartir

Un concerto de Rock patrocinado por unha entidade bancaria ven sendo como se Charles Manson patrocinase a Misa do Galo... e é que o capitalismo expándese hacia territorios pensabamos que prohibidos, meus!

Compartir

O torneo  celebrouse   no terreo de xogo do Centro San Xerome.
A pasada semana  despois da disputa dos partidos  cos  equipos da Sangriña, Somascos, Sinde e Carmelitas de 1º,2º e  3º de  primaria, resultou vencedor o equipo das Carmelitas.

Compartir